
Non deixes rastro!
Geocaching recompensa a túa participación nesta mostra de compromiso co medio natural:
Souvenir CITO 2025 da tempada 2.
Convídovos a un paseo polo parque do Berce do Sar, un lugar que adoita estar limpo, pero sempre hai alguén que é descoidado ou preguiceiro e deixa lixo onde non se debe.
Un parque periurbano integrado nun entorno natural como o Parque do Berce do Sar, non atopar papeleiras non é un esquecemento ou deficiencia, senón unha decisión para protexer a paisaxe. Seguindo a filosofía de non deixar rastro por onde pasas, búscase que cada persoa leve de volta o que trouxo, evitando así que o lixo quede como pegada do noso paso. Deste xeito mantense o espazo máis limpo, respéctase a fauna e a vexetación e todos podemos gozar dun lugar máis natural.
Faremos un perocrrido curto (1 km) e moi sinxelo, apto para todos os públicos e capacidades. Recolleremos aqueles materiais non naturais que vaiamos atopando polo Paseo do Regatos, parque infantil, Paseo das Froiteiras, Coto dos Olmos e Lagoa do Berce do Sar.
Se nunca participaches nun evento Cache In Trash Out® (CITO) esta é unha boa oportunidade, trátase de unha iniciativa medioambiental apoiada pola comunidade de geocaching. Os eventos CITO, ademais de ser incriblemente beneficiosos para o medio ambiente permítennos reunirnos con outros geocachers que comparten a mesma inquietude por como estamos tratando o noso planeta, a nosa casa.
Programa
10:15h - Recepción e reparto das ferramentas especiais (luvas e bolsas)
10:30h - Comezo do paseo
11:30h - Remate do evento