Skip to content

XOSÉ CID II _ Santa Leocadia Traditional Cache

Hidden : 10/1/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Neste caché convidámosvos a visitar a peza en pedra conmemorando á familia que está instalada na aira do pobo de Santa Leocadia. Trátase dunha obra do autor Xosé Cid, que ten a súa casa-taller preto de aquí. Instalouse en maio de 2023, co gallo das obras de humanización do pobo.

Xosé Cid coa sua peza en Santa Leocadia

Escultura en Santa Leocadia

Traxectoria do artista
Nado en Santa Cruz da Rabeda, comeza a súa andaina de maneira autodidacta a finais dos anos sesenta sen adscribirse a escola ou grupo algún. Traballa co barro, madeira, pedra, mármore e bronce como elementos principais que dan a entender unha escultura que trata de superar a plástica figurativa cara a unhas formas sintéticas. 

Ten feito unha importante cantidade de obra pública, das que poden destacarse o monumento a Breogán nos arredores da Torre de Hércules en A Coruña; o monumento a Concepción Arenal en Ferrol; a San Rosendo en Ourense e moitos outros monumentos e bustos espallados por Galicia de destacados escritores, coma Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares ou Otero Pedrayo. Ten obra en importantes coleccións privadas e públicas. 

Obras

A evolución da súa obra ata hoxe o conforma coma unha das figuras máis salientables da escultura galega dos últimos cincuenta anos.

Nunha entrevista que lle fixo o periódico local "La Región" dixo que cando era moi pequeno e empezou a tallar e a buscarse a vida como aprendiz, o que máis lle gustaba era facer figuras, cabezas de guerreiros. 

Xose Cid

Additional Hints (Decrypt)

Ab zheb qr pbagrapvóa qn cenmn, ab pnzvñb.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)