Skip to content

XOSÉ CID I _ Casa taller Traditional Cache

Hidden : 10/3/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Neste caché imos visitar a casa taller do escultor Xosé Cid, en A Pousa - Santa Leocadia - Taboadela.

Entrada da casa

Durante anos, o autor foille dando forma a unha antiga casa de aldea para adaptala aos usos de vivenda e refuxio artístico para o seu traballo e o do seu fillo Rosendo Cid. 

Unha parte da vivenda (dúas salas expositivas) están adicadas a unha mostra permanente que varía cada certo tempo. Nos arredores, na leira da vivenda, atópanse varias obras de diferentes etapas de tamaño medio e grande en pedra e bronce.

Taller

Este lugar conforma un conxunto diverso que achega un pequeno coñecemento da natureza creativa e vivencial do artista da Rabeda.

A leira

Aínda que a Casa-Taller pódese visitar, non deixa de ser un fogar particular e non ten un horario fixo.   

Xusto ao lado da casa está a capela da Santa Leocadia. É unha pequena capela de estilo barroco de planta rectangular levantada no século XIX. Os seus muros son de perpiaño e só ten unha porta de acceso. No interior garda un retablo pétreo policromado que posúe

Capela

Por último, se tedes a fortuna de que vos vais saudar a nosa amiga dos bigotitos, dádelle uns agarimos que é ben agradecida.

Traxectoria do artista
Nado en Santa Cruz da Rabeda, comeza a súa andaina de maneira autodidacta a finais dos anos sesenta sen adscribirse a escola ou grupo algún. Traballa co barro, madeira, pedra, mármore e bronce como elementos principais que dan a entender unha escultura que trata de superar a plástica figurativa cara a unhas formas sintéticas. 

Ten feito unha importante cantidade de obra pública, das que poden destacarse o monumento a Breogán nos arredores da Torre de Hércules en A Coruña; o monumento a Concepción Arenal en Ferrol; a San Rosendo en Ourense e moitos outros monumentos e bustos espallados por Galicia de destacados escritores, coma Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares ou Otero Pedrayo. Ten obra en importantes coleccións privadas e públicas. 

Obras

A evolución da súa obra ata hoxe o conforma coma unha das figuras máis salientables da escultura galega dos últimos cincuenta anos.

Nunha entrevista que lle fixo o periódico local "La Región" dixo que cando era moi pequeno e empezou a tallar e a buscarse a vida como aprendiz, o que máis lle gustaba era facer figuras, cabezas de guerreiros. 

Xose Cid

Additional Hints (Decrypt)

Cbagr pózbqb, qrfpnafn r qrfsehgn qn genadhvyvqnqr qn nyqrn.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)