Skip to content

As Mártires de Sofán - Os feitos Mystery Cache

Hidden : 10/6/2025
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


As Mártires de Sofán

3. Os Feitos (Masacre)

⚠️ ATENCIÓN: O caché non se atopa nestas coordenadas.

Para poder chegar a el, e conseguir parte da información necesaria para o multi tamén desta serie, é necesario que resolvas este sinxelo mistery.

O bote é micro e só contén o log e a pista necesaria para o multi, está nun lugar algo exposto polo que pido que sexades cautelosos, e levar máquina de escribir.

Din que, aproximadamente, foi aquí, onde aquel Domingo 16 de febreiro de 1919 en que se ía a enterrar ó neno de catro anos Xesús Loureiro González, "do Tarambollo". Os seus pais, Xosé e Rosario, que eran caseiros de Manuel Regueiro acompañaban o cadaleito que, como de costume, era levado por catro nenos.

Manuel Regueiro (Médico e cacique naqueles tempos) move os fíos no concello para que dende aquí se chame a garda civil que xunto co porteiro do concello Benito Rodríguez Fariña (Benito de Cances) comisionado polo alcalde, custodian a pequena comitiva fúnebre. Nun principio a idea dos familiares era, e cito o comentado por María, bisneta de Xosé e Rosario:

"Polos coñecementos familiares que dispoño, os feitos diferen en algúns aspectos. Meus bisavós José e Rosario, pais do neno defunto, ante este clima de tensión e discrepancias, realmente solicitaron axuda a Manuel Regueiro para o enterramento que sería no novo (o actual), onde estivo en terra ata o traslado dos seus restos ó panteón familiar de nova construcción. O cemiterio da igrexa estaba saturado, amoreándose os cadáveres uns sobre outros nos enterramentos. Sobra decir que non ansiaban que a intervención de Manuel Regueiro (tamén tremendamente caciquil cos seus caseiros) coa presenza da Garda Civil, fose violenta e tivera este fatal desenlace pois non ten xustificación algunha."

Fonte: https://www.mazarelos.gal/as-martires-de-sofan-no-seu-centenario/

Cando chegaron o camiño que separa Campos de Bolón da Lagarteira, as mulleres entorpeceron o paso da comitiva e trataron de rodear os gardas civís para que non actuaran. Algunhas versións, sobre todo oficiais, indican que foron apedrados. Porqué mulleres só? Parece ser que así o decidiran os veciños pensando que desa maneira a garda civil non interviría. Algo que non nos ten que sorprender porque nos feitos de Nebra tamén se dispuxo que as mulleres foran desarmadas ca idea de que a Garda Civil non utilizara o armamento. Os gardas que tiñan as baionetas caladas actuaron con saña. Os nenos que levaban o cadaleito fuxiron para agocharse. A primeira en caer pola baioneta no ventre e disparos do fusil Mauser foi María Caamaño Pallas do lugar de Vioño, en estado e con sete fillos. No periódico madrileño ABC dá a noticia dos feitos o día 19 e titula: . Indica que eran catro gardas civís e un cabo que foi o que deu a orde de disparar ante as pedradas dos veciños. A versión que Xan Fraga Rodríguez puido corroborar como máis certeira e que a orde foi de Benito Rodríguez, que era o comisionado do concello.

Na casa de Otero, onde se refuxiaron os veciños, a porta estaba cuberta de balazos e quedaban varios feridos. Finalmente serán catro as mulleres asasinadas. Un feminicidio.

As Mártires de Sofán Asasinadas

  • 1- Josefa Bolón Mato, "Pepa do Neno", solteira de 44 anos. Morreu dun disparo na cabeza.
  • 2- María Caamaño Pallas, casada con Francisco Serrano Ambroa, de 44 anos, en estado e con sete fillos. Vivía na Ribeiriña. Ferida cunha baioneta, morre desangrada pola tarde.
  • 3- Carmen Veira Souto, 56 anos, de Lemaio (A Laracha), casada con José Bermúdez, catro fillos maiores. Morreu o 20 de febreiro 1919.
    Estas tres entérranse en Artes.
  • 4- María Serrano Paz, solteira, veciña de Casanova; cando Eliseo Remuiñán foi a Carballo buscar un médico para socorrela, e quedou preso. Enviada ao Hospital de Santiago, morreu pola gangrena, será enterrada en Santiago.

Serán detidos en Carballo e enviados á cadea: Eliseo Remuiñán, Pedro Bello, Secundino Pérez, Manuel Fernández Gesto, Ramón Mañana, José Varela, Domingo Periscal, Carmen Queijeiro e Manuela Rodriguez.

O Enterro das Mártires

Nun gran manifestación de dor, centos de persoas acompañaban os tres cadáveres, camiño do cemiterio de Artes, filial de Sofán, onde se enterraron durante os tres anos seguintes, por orde do Gobernador civil, todos os de Sofán.

Houbo moitas protestas, intentouse facer manifestación en Carballo que o poder caciquil impediu, pero si se fixeron na Coruña a pesar de que moitos carballeses non puideron ir pois o terror apoderouse da capital de Bergantiños. Nos locais da Irmandade da Fala da Coruña celebrouse un mitin onde falaron entre outros Peña Novo, Vilar Ponte, Blanco Torres e Casares Quiroga. O periódico galeguista A Nosa Terra recolle a información moi crítica en diversos números solidarizándose coas vítimas mais tamén lamentando que os labregos non puxeran máis enerxías en loitar contra o caciquismo e outros problemas máis graves que o do cemiterio ou o baldaquino no caso de Oseira.

Lembremos a Castelao que recolle no seu Álbum Nós os feitos de Oseira (1909), Nebra (1916) e Sofán. Tamén o fai en Memorias dun esqueleto (Céltiga, 1922).

¡ Un padrenostriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán !

🧩 O Enigma

PREGUNTA: Cantos foron os detidos e levados á cadea?

Certitude

Podes validar a solución do teu puzzle con Certitude.

Fonte obtida de: REBELDIA GALEGA CONTRA A INXUSTIZA. DE NÓS MONOGRAFÍAS, EAN; 9788409002030, sección de As Mártires de Sofán, de Xoán Fraga Rodríguez.
Serie Histórica: As Mártires de Sofán (3/4)

Additional Hints (No hints available.)