Ruínas de San Domingos

Estamos sobre o Parking da Alameda, construído arredor do ano 2009 sobre restos do que fora parte do convento dos dominicos en Pontevedra; durante as obras iniciais descúbrense aquí os alicerces da igrexa, así como o cemiterio que nas súas orixes circundaba ao templo (ao redor de 28 tumbas).

Dos restos conservados do antigo templo, que data do século XIV, soamente queda a parte da ábsida, formada por cinco capillas, un exemplo único dentro do gótico galego.
Estará en uso ata o 1836, ano no que os monxes son obrigados a abandonar o convento debido á Desamortización. A partires dese momento, as partes que se mantiñan en bo estado funcionarán coma casa-asilo, prisión feminina ou escola de párvulos.
Protexido por lei definitivamente en 1895 ao declararse Monumento Nacional, foi o primer local da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, xerme do actual Museo de Pontevedra, propietario hoxe en día deste recinto. É un edificio visitable de xeito gratuíto, mais abre só entre o 15 de marzo e o 31 de outubro.
Estamos ante un lugar con moita afluencia de xente, polo que este caché é recomendable facelo de noite.