🕯️ A matanza de Oseira
Oseira, 22 de abril de 1909
📍 1️⃣ O escenario
En 1908 a viaxeira británica Annete Meakin (1867-1959), que xa gozaba de certa
notoriedade polas súas experiencias en Rusia, percorreu Galicia e ao ano seguinte publicou
un libro sobre a que denominaba “Suíza española” describindo exhaustivamente
os seus atractivos naturais e monumentais. Atopándose en Ourense, ao expresar o seu
desexo de visitar o famoso mosteiro os seus contactos na cidade tentan disuadila,
argumentando que o acceso era complicado. Finalmente logra o seu propósito tras un
laborioso desprazamento de tres horas en coche ata Cea e dúas dacabalo por un
carreiro pedregoso desde a capital do municipio ata Oseira. Alí puido admirar o
mosteiro, que pola súa magnificencia é denominado frecuentemente “o Escorial
galego” e dedica unhas palabras ao elemento que desencadearía a traxedia uns
poucos meses despois: “O impoñente retablo churrigueresco detrás do altar maior
decae melancólicamente e ofrece o máis deprimente espectáculo. É verdadeiramente
triste que España aínda non senta o impulso de facer de Oseira un monumento
nacional”
🕰️ 2️⃣ Orixe
En outubro de 1908, o bispo de Ourense constatou o pésimo estado do baldaquino. Tras aprobar a súa retirada a Xunta Diocesana e a Comisión Provincial, as obras comezaron en febreiro de 1909, atopando resistencia dunha parte da comunidade.
⚖️ 3️⃣ Vivenza
O conflito xurdiu pola valoración do baldaquino. Defensores do bispo citaban organismos oficiais, mentres opositores contaban con voces como Manuel Murguía. O conflito persoal entre José Ramón Fernández Basalo e Aquilino Sánchez Rodríguez aumentou a tensión.
⚡ 4️⃣ Tensión
Os enfrontamentos comezan co sacerdote e os opositores. O Gobernador Civil e unha escolta de gardas acompañan ás obras previstas para o 22 de abril, con oito albaneis e vinte e dous gardas ao mando dun tenente.
🎖️ 5️⃣ O Tenente
Tratábase do tenente 2º Gumersindo Salinas Fernández (1868-1942), natural de Ribeiro, no
municipio ourensán de Bande, ao suroeste da provincia.
Grazas ás noticias
de prensa e ao seu expediente persoal é posible reconstruír a traxectoria ata ese momento
da persoa que asumirá a responsabilidade directa de abrir fogo. Tras
realizar o servizo militar en Artillería incorporouse á Benemérita en 1889 e ata
a derrota #ante EEUU está destinado en Cuba onde participa en accións contra
os insurxentes e ascende a sarxento. Ao seu regreso á Península serve oito anos
en Baiona e Vigo (Pontevedra) onde a prensa recolle o esclarecemento dun
infanticidio e de roubos de certa entidade46. En agosto de 1907, coincidindo co seu
ascenso a tenente 2º, trasládaselle a Ourense. A posteriori, a prensa liberal sinalará
que fora un erro a súa elección para a misión por proceder de tropa e non de aca-
demia e por ser coñecido o seu “carácter impulsivo e arrebatado” que lle levaba
a protagonizar incidentes nun entroido en Vigo e no transcurso dun embargo
en Verín
🚶♂️ 6️⃣ A Expedición
O 21 de abril a expedición sae de Ourense. O 22, unha multitude en Oseira impide o paso dos obreiros, con paus e instrumentos de labranza entre os presentes.
🛡️ 7️⃣ Amago de carga
Os carpinteiros rexeitan traballar nas condicións de ameaza, e o tenente retira aos gardas temporalmente. A tensión intensifícase co intento de queimar ándaos.
💀 8️⃣ Masacre
Ante a actitude do xentío Salinas destacaría unha parella ao claustro
para que dominase desde a altura a igrexa e a continuación ordenado disparar ao
aire como advertencia, pero ao non amedrentar aos paisanos (segundo o gobernador
civil os “instigadores” fixéranlles crer que os gardas nunca farían lume
sobre eles) finalmente ordenou unha única descarga segundo o gobernador civil, dous
segundo outras fontes recollidas polas informacións xornalísticas, unha ante o templo
e outra posterior contra os veciños refuxiados no seu interior (de feito algún dos
falecidos foi alcanzado nas costas). Algunhas testemuñas (aínda que o desmente o
gobernador) recollen o detalle dramático do coadxutor da parroquia José María
Marnotes Lois, axeonllándose ante os máuseres suplicando que cesasen os dispa-
ros. Os ocupantes da igrexa foxen, deixando atrás un panorama dantesco con tres
mortos no primeiro momento e numerosos feridos. O 23 de abril o gobernador xa
informaba a La Cierva de que o número de falecidos ascendera a sete e da
detención de catro homes de distintos lugares da parroquia como xefas.
Ao día seguinte, mentres as noticias do sucedido esténdense por toda a
provincia, o coadxutor oficia os funerais polos sete primeiros falecidos. Combi-
nando os datos do arquivo parroquial cos que ofrece Ismael González é posible
establecer o balance final de vítimas mortais, comprendidas as dúas que fallecie-
ron días máis tarde como consecuencia das feridas. Trátase de sete homes
e dúas mulleres. Os homes eran todos labradores (excepto un carpinteiro) adultos
salvo un raparigo de quince que faleceu días despois. A atención da prensa centrarase
nas dúas mulleres, ofrecendo detalles que incrementaban o dramatismo dos
seus casos. Unha delas era unha rapariga de 14 anos (12 segundo outras fontes) falle-
cida por perforación de ambos os pulmóns, rotura de aorta e amputación dun brazo
e outra de 22, nai de dous fillos, embarazada e á que unha bala atravesoulle útero e
vejiga. Sobre o número de feridos as estimacións varían e ademais unha parte non
solicitaría asistencia por temor a ser procesados.
🧩 O Misterio
As coordenadas finais NON están publicadas.
Todos os datos necesarios aparecen neste listing. Le con atención e asigna correctamente os valores a cada letra:
- A = Últimos dous díxitos do ano
- B = Número de falecidos
- C = Mes
- D = Século
Coordenadas finais:
N 42° ((B×C)−4).(C−2)(B)(C−1)
W 7° ((D×3)−4).(B)((D/2-C)/2)(A−1)
A historia proporciona as respostas. Os números marcan o camiño.
Podes validar a solución do puzzle con
certitude.
🧭 Importante
- Non é necesario consultar fontes externas
- Respecta o entorno natural e histórico
- Non mover nin alterar elementos do lugar
- Este cache é unha homenaxe
Ás veces, para atopar unha cache, primeiro hai que atopar a memoria.