Skip to content

A Igrexa de San Xurxo da Touza Traditional Cache

Hidden : 11/14/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Fonte: Igrexa San Xurxo de Touza

IgrexaIgrexa de orixe románica situada no parroquia do mesmo nome, a 3km de Taboadela. Mantén case íntegra a súa factura medieval máis un anexo moderno que funciona como sacristía. Con nave e ábsida única e decoración típica do estilo como os arquiños da cornixa, moi empregados nas igrexas románicas ourensás, chama a atención polo seu desenvolvemento escultórico, con canzorros, metopas e outros detalles que a fan meritoria de admiración. Está claro que con esa figuración tan ben labrada, os canteiros que aquí traballaron, tiñan sobrada experiencia e grandes coñecementos sobre iconografía.

É un templo de planta retangular coa ábsida lixeiramente elevada respecto da nave que conta cunha sacristia lateral de notable tamaño. Aquela protéxese a través dunha cuberta a dúas augas, mentras que a primeira - de maior altura- gorécese baixo unha cuberta a catro vertentes. Os seus muros levántanse en perpiaño granitico de boa calidade na modalidade de opus quadratum.

.

A fachada principal conta cu único oco, a porta de acceso, gorecida baixo un arco de medio punto enmarcado por unha imposta axadrezada. Este arco, de orixe medieval, dá lugar a un tímpano liso no que se realizaron unha serie de insculturas cruciformes de caracter popular. Na cimeira, rematando en altura o conxunto, unha esbelta espadana de forma piramidal e dous corpos que acolle dous sinos na sección inferior, deixando libre o superior, que se amosa acompañado por pináculos e ediculos ornamentais.

O templo paroquial de San Xurxo é a única igrexa que mantén á vista o testemuño das dúas grandes reformas que experimentou ao longo da súa historia. Xa que logo, no templo de San Xurxo conviven harmonicamente elementos románicos e barrocos. Entre os primeiro cabe sinalar á ábsida semicircular, de menor tamaño que a nave, que ainda conta cos canzorros figurados soportando o tellado xunto a un conxunto de arcos lombardos que percorren perimetralmente a ábsida. Na cumieira, un Agnus Dei cunha cruz latina chantada no lombo, un elemento de clara filiación románica

A igrexa de San Xurxo de Touza está catalogada como ben do patrimonio cultural relixioso.

 

Taboadela

Taboadela é un concello a menos de 12 kilómetros de Ourense capital. É un municipio rural, cun patrimonio natural e artístico facilmente visitable e por onde discorre, ademais, a Vía da Prata do Camiño de Santiago. Hai varias rutas de sendeirismo, que se poden facer a pé ou en bicicleta, para descubrir a súa natureza.

Additional Hints (Decrypt)

Baqr zrqena bf cbfgrf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)

Advertising with Us