Convento de San Salvador de Bergondo

A primeira información que temos desde convento data de 1126, froito dunha donación que recibe, polo que estamos ante un belo exemplo de arquitectura románica fundado polos dominicos. É un edificio feito a base de sillería granítica, con reformas góticas e diversas reparacións no século XX. No interior destacan os capiteis do arco triunfal que amosan batallas entre cuadrúpedos, posiblemente leóns. A igrexa ten planta basilical sen transepto de tres naves, contando con tres ábsidas.

Estás son bastante austeras en decoración exterior. Os aleros decóranse con taqueados e zigzags, e os canzorros son tamén sinxelos, xeométricos. É bonito o seu rosetón, de voltas concéntricas e tracería con estrela de seis puntas. Destaca por suposto o emblema familiar dos Andrade, tan coñecido por esta zona, baseado nunha cruz sobre un xabaríl.

A fachada occidental foi modificada durante os séculos, pero aínda conta cos seus elementos orixinais no acceso. Xunto a el atópase ao antiga zona do claustro, onde debes buscar o cache.
