Descubrindo A Fracha #02: Comezo de rutas
O Parque Forestal de A Fracha está situado ao sur da cidade de Pontevedra, nun dos aneis verdes da capital. Localízase nas parroquias pontevedresas de Marcón (110 hectáreas), Tomeza (36,88 hectáreas) e Canicouva (258,4 hectáreas).
O seu punto máis alto é o Alto de A Fracha, a 542 metros de altitud. O parque conta con máis de 26 km de sendeiros peonís e ciclistas, clasificados segundo o seu nivel de dificultade (4 rutas de sendeirismo e 2 para BTT). Así mesmo, dispón de 4 miradoiros en puntos estratéxicos, pasarelas de madeira e merendeiros.
Neste segundo punto da zona, atopámonos no comezo de varias das rutas, aínda na área de lecer de Outeiro Navío, na parroquia de Marcón.

O caché
Este caché, de tamaño micro, precisa de moita atención, tamén, aos pequenos detalles... As coordenadas son precisas.
Espero que vos guste!