A Mioteira convértese nun espectáculo de música e luz. Os seus veciños decoran as súas casas para ser parada obrigada para os “nadaleiros”.

Non só en Vigo hai luces do Nadal. Na Mioteira brilan as iluminacións creadas polos seus veciños e veciñas. Non poden competir co número de luces LED da cidade olívica, pero si coa imaxinación e coa maxia das festas no rural, que cada ano atrae máis xente.

Segundo as estatísticas oficiais, este pequeno núcleo conta con 56 veciños, pero a gran maioría participa dunha celebración que xa se converteu nunha tradición para os máis “nadaleiros” da provincia. En cousa de tres rúas, o alarde de abelorios impresiona. Todas as casas están decoradas para a ocasión, e o enxeño agudízase para tratar de superar cada ano a decoración do anterior. Unha fama que cada ano vai a máis.

A Mioteira en La Región
A Mioteira na TVG
Este caché ten dúas etapas: nas coordenadas orixinais atoparás un detalliño de nadal que che indicará a onde ir. Atopa a segunda etapa e asina. Recomendamos ir nunha noite de Decembro para desfrutar do espectáculo.