Skip to content

Encoros do Miño e do Sil 2 - Salto de Castrelo Traditional Cache

Hidden : 4/4/2026
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   regular (regular)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Tras deixar Ourense e as súas pontes, o Miño descende cara á comarca do Ribeiro, onde ofrece mananciais termais en Laias e Barbantes e convértese en protagonista da paisaxe en Cenlle.


A continuación, o río volve estar encorado en Castrelo de Miño. A presa do encoro de Castrelo retén as augas do río Miño no val que separa os concellos de Ribadavia e Castrelo de Miño. O lugar elixido para a construción da presa foi aquel no que o río se encaixaba entre montañas despois de percorrer un amplo val con grandes terrazas fluviais. Estas terrazas eran verdadeiros tesouros para os agricultores do Ribeiro, que nelas cultivaban as súas mellores colleitas.


Porén, a construción da central eléctrica en 1969 anegou estas extensas zonas de cultivo. Non sabemos se o dano provocado pola inundación é proporcional á riqueza xerada polas turbinas da central de Castrelo durante todos estes anos.


Unha das poucas cousas positivas que propiciou este encoro é que sobre as súas augas se poden practicar deportes, existindo mesmo un club náutico. O club náutico de Castrelo de Miño é o centro de actividades náuticas de referencia no interior de Galicia. A orografía arredor do encoro permite, en multitude de ocasións, gozar dun clima idóneo para a práctica de deportes acuáticos. Neste centro ofrécense actividades de carácter turístico‑recreativo, ademais de celebrarse adestramentos e competicións de vela, remo e piragüismo.


Fontes:
Galicia Máxica - Embalse de Castrelo de Miño
Turismo Ourense - Parque Naútico de Castrelo do Miño
Faro de Vigo - La lucha de Castrelo de Miño

O caché

Este caché permite intercambios, pero lembra facer cambios xustos. Disfruta das vistas.

Additional Hints (Decrypt)

Onvkn ha cne qr cnfbf r rfgneá onvkb bf grhf céf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)