Skip to content

Ponte de Castrelo de Miño Traditional Cache

Hidden : 4/4/2026
Difficulty:
3 out of 5
Terrain:
4 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Ponte metálica de Castrelo de Miño

A ponte metálica está xusto por baixo do salto de Castrelo, a menos de 1 quilómetro da presa. Foi construída en 1907 en substitución doutra medieval, xa había moito tempo arruinada.

A ponte está coroada no centro, a cada banda, por dous grandes arcos metálicos, de trazado e técnica avanzada para aquela data. A contrata foi adxudicada a Talleres de Zorroza, de aí que apareza este nome na placa da ponte coa data de 1907. A recepción total da obra do tramo de estrada realizouse en 1912.

Ademais de resolver a comunicación entre ambas as dúas beiras do Miño entre Castrelo e Ribadavia tivo, co tempo, a súa imaxe unida aos tráxicos sucesos da Guerra Civil. A súa altura (e daquela non había outras pontes comparables na contorna) e o pulo da corrente que pasa por debaixo facían dela o instrumento perfecto para cometer asasinatos en canto o golpe de Estado de 1936 abriu a veda.

A comarca do Ribeiro viña sendo escenario dun activo movemento agrario. O triunfo do golpe desatou a persecución contra todo o que soase a progresista e demócrata. As vítimas do “paseo” eran precipitadas dende o alto, coa confianza de que a corrente arrastraría os corpos. Actualmente algunhas entidades están solicitando a declaración da ponte de Castrelo de Miño como lugar de memoria.

O caché
Trátase dun caché pequeno, magnético. Contén logbook, pero necesitarás máquina de escribir. Presta atención aos atributos e non asumas riscos innecesarios.

Fontes: 
Ponte de Castrelo de Miño. Unha historia viva.
Ourense no tempo - El puente metálico de Castrelo de Miño.
Talleres de Zorroza.
La Región - El puente de Castrelo opta a ser lugar de memoria.

Additional Hints (Decrypt)

Zven cnen neevon

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)