A Serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acadada no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade.
Trátase dun macizo granítico duns 50 km⊃2;, en contacto no leste coas rochas sedimentarias metamorfizadas que compoñen o Complexo Monteferro - O Rosal.
⚠️ Plan do día:
- Vémonoss as 9:30 para asinar o logbook e falar deste hobby noso no Alto da Groba.
- Troca de rastreables
- Entrar en calor con un café
- As 10:00 fin do evento.
Unha vez rematado o evento, quen queira y teña ganas poderá percorrer algun dos trillos e descubrir os tesouros de A Groba.
Etapa 1: Monte da Valga - Alto da Portela
Etapa 2: Alto da Portela - Muiños do Folon
Etapa 3: Muiños do Folon - Loureza
Etapa 4: Loureza - Vilachan
Etapa 5: Vilachan - Alto da Groba
Etapa 6: Alto da Groba - O Facho
Etapa 7: Alto do Facho - Monte da Valga
Ven con ganas de pasalo ben e desfrutar da natureza mentras conversamos nun espazo privilexiado.