Skip to content

Ke é Matrix? Mystery Cache

Hidden : 5/4/2026
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Ollo, spoilers. Se non viches a película e tes intención de facelo, non sigas.

Os frikis sabedes que é Matrix. Para os demais, diremos que Matrix é unha famosa película de ciencia ficción de 1999. Non vos imos contar de que vai, pero si vos diremos que revolucionou o cine de acción a finais dos 90. A aplicación da técnica do “bullet time”, na que a cámara parece moverse arredor dunha escena a velocidade normal mentres os personaxes se moven a cámara lenta, e as elaboradas secuencias de persecucións e pelexas convertérona nun referente.

Neste caché imos percorrer algunhas escenas da primeira película. Terás que responder a seis preguntas tirando de coñecementos, internet e IA. Ao final da descripción xa che diremos que facer coas respostas. Por suposto, todas as respostas baseadas na película con dobraxe en castelán.

Na escena no clube nocturno, Trinity dille a Neo que a pregunta que os guía é "¿Qué es Matrix?", que da título a este caché. Pero para chegar ata o clube, Neo tivo que seguir ao coello branco, que estaba tatuado ¿en que personaxe? (unha palabra)

Estamos na famosa escena da pastilla azul e a pastilla vermella. Neo coñece a Morfeo, que lle abre os ollos sobre a realidade. E agora debe decidir. Se toma a pastilla azul, fin da historia. Se toma a pastilla vermella, "... te enseñare hasta donde llega la madriguera de..." ¿de qué animal? (unha palabra)

Neo é rescatado e chega á nave Nebuchadnezzar (Nabucodonosor). ¿Ano de construción da nave?

Neo únese ao grupo e comezan a facer das súas, pero son traizoados por Cifra mentres come un bisté e afirma decatarse de que "la ignorancia es la ..." (completa a frase, unha palabra)

Escenas culminantes da película. Trinity e Neo entran con todo para rescatar a Morfeo. Disparos, piruetas, helicópteros, moita acción. Ata vemos un duelo na azotea con Neo esquivando balas, aínda que unha o roza. Trinity pon punto final ao asunto liquidando ao axente mentres lle di ... (dúas palabras)

E chegamos case ao final. Demos por morto a Neo no corredor do hostal, pero o amor de Trinity revíveo ante a sorpresa dos tres axentes que se dispoñen a baleirar o cargador. Neo pronuncia unha palabra e, para sorpresa dos axentes, detén as balas. ¿Que palabra dixo Neo? (unha palabra).

Hai moito máis: poderiamos falar co Oráculo ou preguntarnos que é un dejavú en Matrix, pero imos deixalo aquí. Convidámoste a que vexas a película se non o fixeches aínda, ou a desfrutala de novo. Tamén diremos que somos da opinión de que as segundas partes nunca foron boas, e en Matrix confirmouse.

Fixémosche seis preguntas. Cinco son palabras e unha é un número. Quédate coa primeira letra de cada resposta (se son varias palabras, a primeira letra da primeira palabra) e co número completo (se non, é demasiado doado). Escribe en certitude a combinación de letras e números para obter as coordenadas finais. Por exemplo, se as respostas son "Rosalía", "topos", "3197", "leche", "se acabó" e "morid" o código para certitude sería RT3197LSM.

Por certo, para os que andedes a voltas co "Geodesafío Anual 2026 - Encontrar todas las letras": De nada.

Puedes validar la solución a tu puzzle con certitude.

Additional Hints (Decrypt)

Ra pregvghqr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)