Skip to content

Eduardo Barreiros - Monumento en Gundiás Traditional Cache

Hidden : 5/10/2026
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Case soa milagroso que un ourensán da pequena aldea de Gundiás (Nogueira de Ramuín) se convertese nun dos empresarios españois clave. Ademais, fíxoo sen grandes coñecementos de xestión, pois tratábase basicamente dun mecánico, aínda que contaba con cualidades como a súa intelixencia natural, perseveranza, claridade de ideas, iniciativa e capacidade de mando. Deste xeito, dende o seu pequeno taller de Ourense, foi quen de poñer en pé un xigante como Barreiros Diésel. Contou coa axuda inestimable dos seus irmáns Valeriano, Graciliano e Celso, ademais dun excelente e fiel grupo de colaboradores.

Eduardo Barreiros naceu en 1919 en Gundiás e faleceu na Habana en 1992. Persoa inqueda, intelixente e autodidacta, iniciou as súas primeiras experiencias na mecánica nos talleres que o seu pai posuía en Ourense, na estrada da Lonia. Da “fabricación” de autobuses con vellos chasis e pezas de motores desbotadas pasou á transformación de motores e ao desenvolvemento dunha traxectoria profesional que incluíu empresas inmobiliarias e sociedades financeiras, comerciais e industriais.

Este empresario galego levantou un gran complexo industrial que contribuíu decisivamente á industrialización de España. Foi un dos empresarios españois máis representativos dos «anos do desenvolvemento». En 1954 fundou en Madrid Barreiros Diésel para fabricar motores diésel con tecnoloxía propia. O motor diésel chegou a ser para os españois sinónimo de Barreiros.

Levantou o proxecto empresarial industrial privado máis importante de España ao longo dos anos 1950 e 1960, e contribuíu de forma decisiva á motorización e á industrialización do noso país.

En 1963, a asociación con Chrysler, nun dos maiores investimentos norteamericanos en España, lanzouno ao protagonismo internacional. Posteriormente, o socio americano foi gañando terreo ao español nas ampliacións de capital, ata que a empresa pasou a ser Chrysler España en 1969. Pero a obra de Barreiros segue presente na gran factoría de Villaverde (Madrid), no actual tecido industrial español e na memoria daqueles anos.

Barreiros foi un traballador incansable que chegou a dar traballo a máis de 25.000 persoas e que nunca se sentiu poderoso nin mirou a ninguén por riba do ombreiro.

Se tes interese en coñecer máis sobre a figura de Eduardo Barreiros: Fundación Eduardo Barreiros

No seu pobo natal hai unha homenaxe a este empresario cun busto e unha praza que leva o seu nome.

Additional Hints (Decrypt)

Ohfpn ab crvgb qr Rqhneqb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)

Advertising with Us