Mon Devane é un artista urbano galego coñecido polos seus murais fotorrealistas de gran formato cun distintivo toque de turquesa. Ten un selo de identidade gráfica tan porpio que, ao lonxe, deixando de lado e mirando malamente un mural seu xa sabes que é cousa del.

Esto mesmo nos aconteceu o 6 de Xuño de camiño a Garabás a un evento familiar. Ao pasar por Maside pareceunos ver ao lonxe un mural. Rematado o xantar, volvemos sobre os nosos pasos e confirmamos que, da man de Mon Devane, hai unha exhibición de diferentes disciplinas deportivas no lateral do pavillón de deportes de Maside destacando a Pau Gasol.

A carón está a Alameda, onde destaca o edificio do antiguo colexio, cunha arquitectura que non deixa indiferentes.

Para acceder a esta caixiña tes que ser un Gasol ou ben discurrir cómo facerte mais alto cos recursos da contorna para poder asinar o logbook.