Skip to content

"Somos t" #1 Mystery Cache

Hidden : 7/16/2026
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Houbo un tempo no que buscabas "Taboadela" en Internet... e Internet respondía: "¿Taboa... que?". A presenza dixital do concello era máis escasa ca un día sen falar do tempo ata que un veciño decidiu poñer remedio abrindo en Facebook a páxina “Taboadela” onde comezou a subir fotos antigas, contar historias, recuperar lembranzas e presumir da terra.

O seu creador buscaba un símbolo moi sinxelo, fácil de recoñecer e que calquera puidese facer seu. Así naceu a idea da "t", inicial de Taboadela.

A proposta converteuse nunha campaña espontánea. Uns levaban a "t" en camisetas, outros en adhesivos para coches, outros facíanse fotos con ela diante da Torre Eiffel, do Big Ben ou da praia de turno porque veciños emigrados e residentes empezaron a fotografarse coa "t" por Galicia, España e distintos lugares do mundo,

A forza da iniciativa estaba precisamente en que non era un logotipo oficial, senón un símbolo creado desde abaixo, pola propia comunidade, que acabou identificando o orgullo de pertenza ao concello.

En certo modo, a "t" conseguiu algo difícil: converter unha simple letra nun emblema emocional. Non representaba só o nome de Taboadela, senón ás súas parroquias, aos veciños que viven alí e aos que tiveron que emigrar, permitindo que todos compartisen un mesmo símbolo de pertenza.

Por iso moita xente di que "Taboadela escríbese con t": non como unha regra ortográfica, senón como unha forma de expresar identidade colectiva, unha idea que naceu nas redes sociais e acabou sendo recoñecida mesmo por medios de comunicación locais como un exemplo de orgullo veciñal.

O Xeoart

Cando canduma1207 e máis eu comezamos no geocaching tiñamos moi claro que queriamos facer algo guay en Taboadela, que por se non vos destes conta é o noso pobo.

Desta forma naceu a idea de facer un xeoart con preguntas da nosa aldea, para que a xente á coñeza un pouquiño máis.

Agardamos que vos guste moito e que desfrutedes do paseo.

 

Pregunta

¿A cantos metros sobre o nivel do mar está Taboadela?

 

 

Puedes validar la solución a tu puzzle con certitude.

Additional Hints (Decrypt)

Ra Pregvghqr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)