
Houbo un tempo no que buscabas "Taboadela" en Internet... e Internet respondía: "¿Taboa... que?". A presenza dixital do concello era máis escasa ca un día sen falar do tempo ata que un veciño decidiu poñer remedio abrindo en Facebook a páxina “Taboadela” onde comezou a subir fotos antigas, contar historias, recuperar lembranzas e presumir da terra.
O seu creador buscaba un símbolo moi sinxelo, fácil de recoñecer e que calquera puidese facer seu. Así naceu a idea da "t", inicial de Taboadela.
A proposta converteuse nunha campaña espontánea. Uns levaban a "t" en camisetas, outros en adhesivos para coches, outros facíanse fotos con ela diante da Torre Eiffel, do Big Ben ou da praia de turno porque veciños emigrados e residentes empezaron a fotografarse coa "t" por Galicia, España e distintos lugares do mundo,
A forza da iniciativa estaba precisamente en que non era un logotipo oficial, senón un símbolo creado desde abaixo, pola propia comunidade, que acabou identificando o orgullo de pertenza ao concello.
En certo modo, a "t" conseguiu algo difícil: converter unha simple letra nun emblema emocional. Non representaba só o nome de Taboadela, senón ás súas parroquias, aos veciños que viven alí e aos que tiveron que emigrar, permitindo que todos compartisen un mesmo símbolo de pertenza.
Por iso moita xente di que "Taboadela escríbese con t": non como unha regra ortográfica, senón como unha forma de expresar identidade colectiva, unha idea que naceu nas redes sociais e acabou sendo recoñecida mesmo por medios de comunicación locais como un exemplo de orgullo veciñal.
O Xeoart
Cando canduma1207 e máis eu comezamos no geocaching tiñamos moi claro que queriamos facer algo guay en Taboadela, que por se non vos destes conta é o noso pobo.
Desta forma naceu a idea de facer un xeoart con preguntas da nosa aldea, para que a xente á coñeza un pouquiño máis.
Agardamos que vos guste moito e que desfrutedes do paseo.
Pregunta
¿A cantos metros sobre o nivel do mar está Taboadela?
Puedes validar la solución a tu puzzle con
certitude.