
Fai cousa dun ano atopamos o noso primeiro caché e comezou unha pequena aventura que, sen imaxinar ata onde nos levaría, regalounos quilómetros, risas, novas amizades, paisaxes inesquecibles e un feixe de tesouros agochados. E como todo aniversario merece unha boa celebración... chegou o momento de xuntarnos!
📅 Data: Venres, 21 de agosto de 2026
🕖 Hora: 19:00 h
📍 Lugar: Bar Lama de Prado (coordenadas do evento)
Nesta ocasión non haberá coordenadas imposibles nin misterios por resolver. Só ganas de compartir unha tarde entre xeocachers, lembrar anécdotas, falar dos próximos cachés, intercambiar trackables, brindar por este primeiro ano de CanduMa1207 e meu... e, por suposto, soprar a candea!
Tanto se nos coñecemos dende o primeiro atopado como se acabas de descubrir esta afección, será un auténtico pracer contar coa túa compañía. Trae a túa mellor historia de xeocaching, moitas ganas de pasalo ben... e prepárate para celebrar que seguimos sumando aventuras.
Agardámoste o 21 de agosto para celebrar xuntos este primeiro ano cacheando!
Aínda que a hora de finalización son as 19:30, xa sabemos que en Ourense o tempo é relativo...