O encoro de San Pedro é a última presa hidroeléctrica antes de que o Sil entregue as súas augas ao Miño. Atópase a tan só 1,3 km dos Peares, lugar onde conflúen os dous grandes ríos.

O encoro conta cunha presa situada entre os concellos de Nogueira de Ramuín e Pantón. Construída en 1959, a presa, de tipo gravidade, ten unha altura máxima de 31 metros desde os seus alicerces, e a súa cunca ocupa unha parte dos canóns do Sil, na Ribeira Sacra.

Este encoro forma un complexo hidroeléctrico co de Santo Estevo, situado a uns 8 km río arriba, e funciona como contraencoro do salto de Santo Estevo.
Fontes:
Galicia Máxica - Embalse de San Pedro
Iberdrola - Centrales en la cuenca del Sil
O caché
Este caché forma parte da serie Encoros do Miño e do Sil e participa no Xeodesafío Anual 2026 - Agochar unha serie de 10 cachés.
