A ruta que imos realizar comeza dende a praia de Loira en Seixo (Marin) e remata enriba da praia do Santo (Ardán)
PRAIA DE LOIRA
![tg_carrusel_cabecera_grande.jpg]()
A praia do Loira é unha praia abrigada e rectilínea con forma de duna e cunha densa area dourada. O río Loira desemboca na parte sur da praia, que a rodea na súa parte oriental. A parte central é máis alta, polo que deixa un espazo totalmente plano no que se instalan un campo de fútbol praia e outro de voleibol praia.
PRAIA DO SANTO
![tg_carrusel_cabecera_grande (2).jpg]()
Praia do Santo, Marín é unha das praias máis fermosas e descoñecidas da marxe esquerda da Ría de Pontevedra. Situado no Concello de Marín, na parroquia de Ardán, o acceso é algo complicado pero paga a pena visitalo especialmente polo encanto que proporciona a súa pequena illa. A illa que está fronte á praia ten os restos dunha antiga capela do século XIII en honra de San Clemente. Outra peculiaridade é que podemos acceder a ela coa marea baixa camiñando. E moi recomendable tamén para a práctica do mergullo, xa que en pouco espazo temos unha gran variedade de paisaxes mariñas.
Este tramo de ruta, pertence a ruta das praias de Marín.