IMPORTANTE¡¡¡
O caché non se atopa nas coordenadas publicadas, cando o atopes no interior hai un regaliño, log e un selo que non e material de intercambio, o selo deixadeo por favor para que selen as visitas os seguintes geocachers, e para atopalo so tes que pasear e fixarte ben na foto spoiler, máis información abaixo.
Sigue as coordenadas por orden e sempre ca axuda da foto correspondete.
O Concello de Ames realizou unha intervención na Carballeira de Paramuíño, na parroquia de Biduído, para poñer en valor a flora e fauna deste lugar. Dita carballeira atópase nas inmediacións do CEP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído. A través da intervención realizada neste lugar colocáronse varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta macaón, donosiña, curuxa, píntega e peto real). Tamén se recrearon os seres das nosos contos e lendas, como trasgos ou damas. A través desta actuación trátase de poñer en valor este lugar e dalo a coñecer entre a veciñanza amesá. Esta é a primeira parte do proxecto ao que se lle pretende dar continuidade dotando á Carballeira con máis contido. A recreación feita na carballeira correu a cargo da empresa amesá Escenoset.
Para chegar o caché segue as fotografías e coordenadas, sempre atent@s de atopar a foto spoiler ca axuda da pista, tratadeo con cariño porque é delicado. Debido a un recente cambio nas normas de geocaching que afectan a este tipo de cachés, tivemos que proporcionar coordenadas a cada foto, pero realmente non son necesarias se te guías polas fotos. Propoñemos un pequeno paseo de escasos 3 km, visitando a Carballeira, camiños de terra e algún tramo de asfalto con moi pouco transito, e atravesar o nucleo de Paramuiño,
Aparca e comeza o paseiño nas coordenadas iniciais onde debes verifica a primeira foto:
N 42° 51.072' W 8° 35.443' Foto 1

continúa empregando os WP adicionais:
N 42° 51.081' W 8° 35.418' foto 2

N 42° 51.186 W 008° 35.454 foto 3

Segundo avanzas a esquerda queda a carballeira dos Trasnos, por agora ti sigue camiñando, por aqui non che queda outra opción
N 42° 51.325' W 8° 35.528' foto 4

Continúa
N 42° 51.518' W 8° 35.407' foto 5

Continua por esta pequena subidiña
N 42° 51.449' W 8° 35.471' foto 6

N 42° 51.406' W 8° 35.601' foto 7

E sigue....
N 42° 51.298' W 8° 35.633' foto 8

Vamosssss!
N 42° 51.148' W 8° 35.636' Foto 9

continuamos
N 42° 51.053' W 8° 35.617' foto 10
Veña que queda menos.....
N 42° 51.013' W 8° 35.620' foto 11

Un cachiño por aldea.....
N 42° 50.919' W 8° 35.576' foto 12

Seguimos co paseo
N 42° 50.969' W 8° 35.468' foto 13

Xa chegando ao final
N 42° 51.007' W 8° 35.510' foto 14
E por agora acabouse.
Espero que vos gustara o paseiño e ata o seguinte!