Skip to content

Miradoiro de San Felipe Traditional Cache

Hidden : 3/5/2023
Difficulty:
3 out of 5
Terrain:
3.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:






Na parroquia de San Cristovo de Mourentán do concello de Arbo sitúase unha capela solitaria ao leste das estribacións dos montes da Paradanta, nunha ladeira do monte San Felipe e a 500 metros de altitude. Está adicado a San Felipe e aínda que se pode ver un cartel na estrada xeral que une Salvaterra de Miño con Arbo, o certo é que a súa localización é practicamente imposible se non es desta zona.

 

O coche pódese aparcar nesta capela e logo subir andando ata o miradoiro por unha pista de terra en moi mal estado. As vistas desde arriba son espectaculares.

Que o desfrutedes!

 



Felipe o Apóstolo foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret. Era orixinario da cidade de Betsaida, na rexión de Galilea.

Nos Actos apócrifos de Felipe, escritos dende o século IV,3 dise que predicou en Grecia, Siria e Frixia. Así mesmo, tanto os Actos de Filipo como a tamén apócrifa Lenda Dourada, recompilada na Baixa Idade Media, din que foi martirizado na cidade frixia de Hierápolis.

Un códice descuberto na biblioteca de Nag Hammadi en 1945 contiña un evanxeo apócrifo de Filipo escrito no século III que foi utilizado polos cristiáns gnósticos.45

O Martiroloxía Romana lembra o martirio de Felipe e Santiago o Menor o 1 de maio6, data na que se celebraban as festas de ambos ata a institución da festa de San Xosé Obreiro en 1955.7 Desde 1965, o rito romano (Novus ordo) celébraas o 3 de maio.8 A Igrexa Ortodoxa celebra a súa festa o 14 de novembro.9

Additional Hints ()

FCBVYRE

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)

Advertising with Us