Miradoiro dos Balcóns de Madrid/Os Torgás
"Non é que se distinga desde aquí a capital de España, senón que era o lugar escollido polas mulleres para ver marchar aos seus maridos emigrantes.
Moitos eran barquilleiros e ían coa súa canción ás verbenas de Madrid e outros puntos de España. Así se explica tamén por que en Parada de Sil hai un monumento dedicado ao Barquilleiro."
O caché é pequeno, non permite intercambio e está ao pé dunha árbore con pedras. Por favor deixádeo tapado para que dure e non se molle, incluso o podedes tapar máis.
Non esquezades ver a vista nos miradores.