Skip to content

Curtas. Cazando Tesouros 2 - GIFF Oficial 2025 Event Cache

This cache has been archived.

Geocaching HQ Admin: Thank you for hosting this geocaching Event! The date of the Event has passed. We automatically archive Events after 30 days (60 days for Mega- and Giga-Events). Attendees can still log archived Events, log trackables, and share their experiences.

More
Hidden : Sunday, November 16, 2025
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


No ano 2023, celebramos por primeira vez en Santiago un evento especial, con motivo do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Geocaching. Este ano xa é a 2ª edición do Festival Internacional de Curtas de Geocaching que chega con unha selección de curtametraxes realizadas por geocachers de todo o mundo.

Grazas á colaboración desinteresada da Asociación Cultural Colectivo A Rula, dispoñemos dun espazo sinxelo pero axeitado para gozar dunha hora vendo as curtas finalistas deste ano, que destacaron pola súa creatividade, calidade de produción, contido e contribución á comunidade, TFTC: Grazas pola comunidade!

Na sede do Colectivo A Rula

Centos de cineastas de todo o mundo presentaron os seus vídeos aos festivais de cine de Geocaching desde hai máis de 10 anos. Vimos efectos especiais, edición experta e unha execución creativa incrible.

Lista de finalistas:

 

A continuación, podes ver unha selección das mellores curtas de edicións anteriores, desde 2013 a 2019, Best of: GIFF

Tamén está dispoñible unha recompilación completa de "O mellor de: GIFF" de cada ano, incluíndo mencións honoríficas e gañadores, tes todos os filmes finalistas anteriores do GIFF en Festival Internacional de Curtametraxes de Geocaching

 

Compostela celebra o mellor do cine e a cultura audiovisual

Compostela leva moitos anos ofrecendo cine e curtametraxes, entre os máis destacados están os seguintes festivais:

O Festival Cineuropa, na súa 39ª edición, é unha cita cinéfila peculiar que vén celebrándose en Compostela desde 1988. Ao longo do mes de novembro, ofrécese unha selección das mellores películas da tempada, que van dende as premiadas en Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o cine alternativo de menor recoñecemento. O festival reúne figuras destacadas, novos directores, películas documentais e proxeccións de copias especialmente restauradas para este evento non competitivo. Este festival caracterizase polo seu enfoque no desfrute do espectador e a súa independencia de intereses económicos.

Doutra banda, o Curtocircuíto, chega á súa 22ª edición, que se celebra entre o 7 e 23 de novembro. Foi fundado en 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de promover a creación cinematográfica e audiovisual. Vinte dúas edicións despois, o Curtocircuíto consolidouse como un festival destacado a nivel estatal, colaborando estreitamente con outros festivais da contorna e de Europa.

O Festival Internacional de Cine Euro-Árabe AMAL, na súa 23ª edición, celébrase en Compostela dende 2003. O seu obxectivo principal é dar a coñecer a situación actual do audiovisual árabe e servir como punto de partida para descubrir este rico mundo que, aínda hoxe, segue sendo descoñecido en España. As súas proxeccións xeran un amplo abano de cuestións de interese sobre o mundo árabe.

A MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), na súa 20ª edición, dedícase a dar a coñecer traballos audiovisuais recentes no ámbito da etnografía e da antropoloxía visual.

Additional Hints (No hints available.)

Advertising with Us