
♻️ CITO CENTRAL 🌳
🐾 Busca, atopa e coida o noso entorno!
Esta vez imos cambiar os nosos GPS por luvas e bolsas de lixo! 😁
Convidámosvos a participar nesta xornada CITO (Cache In Trash Out), unha iniciativa da comunidade xeocacher que busca coidar, limpar e conservar os espazos naturais e públicos que tanto desfrutamos nas nosas aventuras.
📍 O noso punto de encontro será o Parque Central de Galicia, onde nos poñeremos mans á obra para recoller os residuos que atopemos polo camiño e deixar este espazo un pouquiño mellor do que o atopamos.
🌱 Que imos facer?
-
Recoller lixo e residuos espallados polo parque.
-
Contribuír á limpeza e conservación do entorno.
-
Dar exemplo de respecto pola natureza.
-
Compartir unha boa xornada entre xeocachers.
🧤 Se podes, trae luvas e ganas de colaborar. O importante é participar e achegar o noso pequeno gran de area!
❤️ Porque o Geocaching non consiste só en buscar tesouros, tamén consiste en coidar os lugares polos que pasamos.
Busca, recolle e deixa o noso parque máis fermoso!
🌍 Cache In Trash Out – Entre todos podemos facer a diferenza!
Agardámoste! 🦁♻️