Os carpinteiros cos pés mollados - 20
Segundo onde mires pode variar o nome, para o concello de Outes é Vitareira pero tamén aparece co nome de Bitureira. Tamén é coñecida como a praia dos namorados.
A praia da Vitareira non está tan ben comunicada como a de Broña e para chegar hai que camiñar uns 500 m. e baixar por un carreiro que non está acondicionado. Por estes motivos adoita haber menos xente e tamén se emprega para facer nudismo. É unha praia máis pequena, de só 100 m. coa a area de cor branca e tamén protexida dos ventos do norte.
Agora está declarada praia canina e para o seu uso establécense unha normas para os propietarios dos cans, así que se che molestan ou non che gustan os cans, está non é a túa praia.
Fonte: Concello de Outes