Skip to content

4. A réplica da Santa María Traditional Cache

Hidden : 8/16/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Ruta dos carpinteiros cos pés mollados - 4

A Santa María foi a capitana da expedición de Colón, era a nave máis grande das tres, chamada a Galega porque poido estar construída en Galicia. Era un barco de 23 m de eslora, 8 m de manga e calado 2 m, tres das dimensións básicas dun barco, xunto con un desprazamento de 51 toneladas.

Carabela a Galega

Esta pequena ‘delicatessen’ da construción naval foi feita nos estaleiros de Amado alá por 1987. A súa construción durou case un ano. Este proxecto xurdiu da iniciativa do propietario dun complexo turístico nas Canarias, co obxecto de empregala como atractivo. Trátase dunha réplica da Santa María, unha das naves que levou Colón a América na súa primeira viaxe. Este barco, que navega a vela, posúe un pequeno motor auxiliar de trinta e dous CV, empregado fundamentalmente nas labores de atracada.

Cos seus catorce con cinco metros de eslora, cinco con cincuenta de manga e as súas setenta toneladas de desprazamento, A Galega sufriu algunha modificación por iniciativa do seu propietario, para desgusto do seu construtor (foi pintada de vermello) e, logo de servir durante moito tempo nas Illas Canarias, Manuel Amado comenta que as últimas noticias que ten dela son que se atopaba polas Illas Filipinas para a rodaxe dunha película. Este último destino quizais máis digno que o inicial. Aínda que se trate dunha película de piratas.

A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016

Additional Hints (Decrypt)

Cergb qn iragá, qrgeáf qhaun crqevñn. Sbgb fcbvyre

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)