Skip to content

5. Berberecho de Noia Traditional Cache

Hidden : 8/29/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Ruta dos carpinteiros cos pés mollados – 5

Se miras cara o mar verás moitas lanchas, todas moi parecidas, modernas motoras de fibra, anchas e planas. Están pensadas para mariscar a flote, co rastro ou angazo. De setembro a abril os lombos do Tambre énchense de mariscadoras a pé e algunhas a flote para extraer ameixa fina, babosa e xapónica e por suposto o afamado berberecho de Noia.
Fóra da campaña marisqueira tamén se dedican á pesca con varias artes: nasas para o polbo, betas ou trasmallos.
O berberecho (Cerastoderma Edule), é un molusco bivalvo con dúas valvas con forma de corazón, de cor predominantemente branca cunha serie de 22-28 costelas radiais, cun péndulo en forma de sifón que usa para moverse e alimentarse, mediante a filtración de auga da que extrae fitoplancto.
Caracterizase por presentar un baixo contido en graxa, polo que se trata dun alimento con escasa achega calórica. A cantidade de colesterol que contén é baixa, se se compara con outros mariscos.
Outra das vantaxes que ofrece o consumo de berberechos é o contido en ferro, polo que o seu consumo está especialmente indicado no caso de anemia ferropénica.
E unha especie de crecemento rápido e de vida curta, aproximadamente tres anos. O berberecho acada tamaño comercial no seu primeiro ano de vida, no segundo e terceiro acada tamaños de categoría especial na Ría de Noia.
O seu tamaño e a súa calidade son recoñecidas a nivel mundial xa que habita nunha zona onde as condicións naturais son escepcionais ademais da forma de captura con métodos totalmente artesanais e tradicionais.

Berberecho de Noia

Método de captura
A colleita do berberecho faise utilizando métodos tradicionais e artesanais tanto dende embarcación na modalidade de marisqueo a flote como a pé dende a modalidade de mari2queo a pé. Cabe salientar que esta última actividade e desenvolvida case na súa totalidade por mulleres.
A campaña marisqueira vai dende o mes de setembro ao mes de marzo aínda que os meses mais fortes son de setembro a decembro.
A talla mínima de comercialización do berberecho establécese en 28 mm.
As artes utilizadas para a captura do berberecho e o denominado Rastro de berberecho e que debe reunir as seguintes características:
Rastro berberecho
Separación varillas mm 20 mm
Duela cm 54 cm
Lonxitude dentes cm 6,5 cm

Fonte: Berberecho de Noia

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb. Nf qr thín

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)