Skip to content

Bario da Guia Mystery Cache

This cache has been archived.

Clocker: Hola,

Observo que no has realizado ninguna tarea de mantenimiento sobre tu caché ni demostrado ninguna intención por solucionar el problema para reactivarlo desde que te puse la nota de aviso, y ya ha pasado el plazo dispuesto. Al no demostrar interés en mantener y reactivar este caché, no puede seguir estando publicado en geocaching.com, ya que esto impediría que no se puedan aprobar futuros cachés de otros miembros que se coloquen en las cercanías de éste. Como sabes, según las normas de geocaching.com, no se pueden esconder cachés a menos de 161 metros de otros cachés publicados en la web. Por esta razón, procedo al archivo del caché.

Por favor, si tienes la intención de reparar este caché, házmelo saber y te lo volveré a activar. Gracias a tu esfuerzo muchos geocachers podrán volver a disfrutarlo. En caso de que ya lo hayas arreglado, envíame un e-mail a través de mi profile, sin olvidar de escribirme el nombre de waypoint del caché (empieza por GC) como referencia.

Y recuerda que desde mayo de 2015, las directrices internas de Geocaching HQ no nos permiten sacar del archivo cachés que lleven archivados más de 3 meses. Por favor, tenlo en cuenta si tienes intención de repararlo.

De todas formas, quiero agradecerte tu contribución al geocaching y espero volver a saber de ti y de tu geocaché muy pronto.

Gracias por tu comprensión.

Un saludo,

Clocker
Geocaching.com
Volunteer cache reviewer

More
Hidden : 4/26/2011
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:



A GUIA


 BARRIO  DA  GUÍA (Ribadavila)

Nos últimos 40 anos, o barrio da Guía mudou dabondo e daquelas rúas empedradas, daquelas calellas (“callejóns”), ou daquelas fincas, hoxe pouco queda. Algunhas das vivendas unifamiliares que entón había, por mor da asoballante especulación e da voraz depredación inmobiliaria, foron e seguen a se transformar en edificios de tres e catro alturas, cando non máis, que converten as rúas en estreitos pasadizos limitados por muros de ladrillo e formigón, onde a luz do Sol a penas dá pasado e onde os veciños perderon esa familiaridade que antes había e, ata as veces, a penas se coñecen, nin se miran nin se falan. Nestes últimos anos foron aparecendo novas rúas, outras cambiaron o seu enlousado pétreo polo antiestético asfalto (obra do popular alcalde Ligero) converténdose, deste xeito, nunha especie de estrada-camiño. As fontes, do barrio, a dos “Campos”, a das prazas de Santo Tomás e San Bernardo,  que eran un dos lugares “sociais”, de reunión e xuntanza, sobre todo de mulleres e, en menor cantidade, nenos/as, perderon a vida que tiñan, o bulicio. Nestas fontes, sobre todo no verán, mentres se enchían os baldes, tinas e caldeiros (“cubos”) tamén se cocían líos, se arranxaba a vida doutros veciños ou, os cativos, asistiamos a unha morea de insultos, gritos, rifas, e ata de cando en vez a algunha pelexa, protagonizada por mulleres ás que a paciencia esgotábaselles por mor das que levaban máis recipientes dos que podían carrexar ou non agardar o preceptivo turno, cando a auga que manaba das billas era un fío que eternizaba a espera das longas colas que se formaban. Era habitual ver polas rúas dúas ou tres veciñas camiño da tenda conversando de calquera tema dos que había entón. Agora, nestas rúas xa non hai conversas, porque tampouco hai tendas; e as conversas non son máis que simples saúdos de rigor e pouco máis, ás veces nin iso.



 O cambio faise patente non só no aspecto físico do barrio, senón que, por imperiosa lei de vida, tamén nas súas xentes: unhas xa se foron definitivamente; outras mudaron (mudamos) de lugar de residencia; moitas que non eran do barrio, viñeron a formar parte del e algunhas das de entón, poucas, aínda continúan residindo en Ribadavila. Este relatorio, non ten outro obxecto máis que o de rememorar, pasear mentalmente por este barrio, lembrando aspectos e persoas do mesmo. Para iso teremos que trasladarnos, nunha imaxinaria viaxe no tempo, ao pasado, a case que 45 anos atrás.  Por aquela, no barrio todos nos coñeciamos. E as reunións obrigadas, as xuntanzas, as conversas, os cabreos, a familiaridade, non só era nas fontes, como deixamos dito máis arriba, senón tamén nas portas e portais das casas; ou mentres esperaban que Manuel O Paragüero arranxase un paraugas ou os pratos que se romperan en dous anacos, aos que lles puña un arame que os suxeitaba e os mantiña unidos podendo, deste xeito, ser reutilizados novamente; había conversas entre as veciñas que falaban de balcón a balcón (hoxe xa apenas hai balcóns); as tendas convertíanse noutro dos lugares “sociais” cotiáns. Si, todo isto mudou. Mudou porque xa non hai tendas. Mudou porque xa non hai que ir á fonte (estas tampouco botan auga): Mudou porque as xentes cambiamos. Mudou porque a sociedade é diferente. E mudou porque o barrio tamén mudou.

Codigo telefonico   g1º ki.ecd N  00tº ja.m11 W


Additional Hints (Decrypt)

genf yn frñny qr qverppvóa cebuvovqn

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)