Skip to Content

<

Fervenza do Castro Rodicio (Caracochas)

A cache by caracochas Send Message to Owner Message this owner
Hidden : 06/01/2013
Difficulty:
3 out of 5
Terrain:
4 out of 5

Size: Size: small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Related Web Page

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


A fervenza do Castro Rodicio é un fermoso recuncho do concello de Aranga formado por un salto de uns 10 metros de altitude ao caer a auga do río Cambás ao vacío rematando sobre un pozo entre un fermoso Pedregal. Para chegar ata o caché nós seguimos a ruta de sendeirismo de Val de Cambás que sae de Ponte Aranga, dúas horas de duro percorrido, moi técnico pero que remata en unha fervenza ben bonita.

O caché está formado por un contenedor reciclable. un logbook, un lápiz, un imán para a neveira, e un cascabel, oculto baixo unha pedra a uns cinco metros do pozo da catarata.

Por si vos interesa atopei esta fermosa lenda da catarata en http://www.blogoteca.com/fiadeirovirtual/index.php?cod=15037

Antes ca nós aquí vivían os mouros. Gustáballes facelo todo de ouro, xa que a terra non lles gardaba segredo de onde se podía atopar o material.Tiñan as casas nas cales dos castros e non hai moito que un home da Fragachá veu unha moura peiteando os seus louros cabelos ó pé da Fonte Seixo, pois non vos marcharon todos; andan a ter conta de que ninguén lles leve os seus tesouros, por iso os gardan soterrados na terra ou somerxidos na auga, pero xente moi sabida, coma un cura que houbo na parroquia de Aranga, que saben como buscalos.

Contan os vellos que o tal crego tiña o libro de San Ciprián, un libro no que está escrito como desencantar os tesouros, pero que é moi difícil de ler, xa que hai que lelo do revés. Cando soubo que había un tesouro en Castro Rodicio, que é como lle chamamos a unha poza moi fonda que forma o río e na que ninguén se vai bañar, pois é sabido que o que alí entra non sae con vida, xa que os remuíños o levan todo para abaixo, mandoulle ó sancristán que fose con el para facer un labor. Chegados á veira do río, o crego vestiu unha casulla e o rapaz colleu o hisopo e esparexeu auga bendita dentro do círculo que o cura fixo coa vara derredor deles. Só entón foi cando empezou a ler no libro e as augas comezáronse a mover ata que se veu brillar no medio unha cousa, que pouco a pouco foi asomando no centro da poza; éravos un rodicio todo de ouro! e ... xa estaba a piques de saír cara a fóra, cando o crego, coa emoción, se trabucou nas palabras. De súpeto, dunha nube baixa, comezou a chover sangue por riba deles , as augas puxéronse turbas e a roda de ouro volveu a quedar asolagada.

Seica o crego perdeu a fala durante un tempo, tal foi a impresión que levou, e o sancristán - que aínda vos era da familia de meu pai- se soubera ler no libro ben que volvía para desencantar o rodicio do Castro. Pero naqueles tempos só os curas sabían ler e agora xa ninguén sabe do libro, así que, polo de pronto, tede conta de non vos bañar na poza de Castro Rodicio, non vaia ser que as augas vos leven para o fondo xunto coa roda de ouro dos mouros...


Esta é a lenda que a min me contaron os vellos da Fragachá (Cambás – Aranga) ó respecto dunha poza do río tristemente desaparecida hoxe por mor da construcción dunha presa destinada a producir enerxía eléctrica. Mágoa da nube que impedise que nos roubasen o noso tesouro.

Additional Hints (Decrypt)

Ohfpn onvkb haun tena crqen pnqenqn r cynan sebagr n sreiramn.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)



 

Find...

6 Logged Visits

Found it 4     Didn't find it 1     Publish Listing 1     

View Logbook | View the Image Gallery of 3 images

**Warning! Spoilers may be included in the descriptions or links.

Current Time:
Last Updated:
Rendered From:Unknown
Coordinates are in the WGS84 datum

Return to the Top of the Page

Reviewer notes

Use this space to describe your geocache location, container, and how it's hidden to your reviewer. If you've made changes, tell the reviewer what changes you made. The more they know, the easier it is for them to publish your geocache. This note will not be visible to the public when your geocache is published.