Skip to content

MONASTERIO DE SAN ANTONIO DE HERBÓN Traditional Cache

Hidden : 6/11/2013
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


MONASTERIO DE SAN ANTONIO DE HERBÓN
                      monasterio esquina
O Convento de San Antonio de Herbón é un mosteiro franciscano situado á beira do río Ulla, na parroquia de Herbón (Padrón). O complexo ocupa 5 hectáreas, e está formado pola igrexa, o convento, as dependencias do que foi un colexio, a horta e o bosque

O convento foi fundado en 1396 por Frai Gonzalo Mariño e Frai Pedro Nemancos, nuns terreos doados polos coengos de Iria. Ata 1700 foi lugar de retiro para a vida dos frades, primeiro co nome de convento de San Francisco e despois xa co de San Antonio, co que se coñece polo menos desde o século XVI.

Desde 1701 foi colexio de misións. En centros coma este pasaban os relixiosos polo menos dous anos antes de ir ás misións a América. Herbón funcionou como tal ata a desamortización de 1835. Para adaptalo á súa nova función o convento reconstruíuse case por completo, cunhas obras que remataron en 1767.

 

O XIX foi un século turbulento no mosteiro. En 1809 sufriu o saqueo das tropas napoleónicas. Coa Reacción absolutista de 1814, e logo en 1823, foi empregado como cárcere para clérigos liberais.

A desamortización de 1835 supuxo a exclautración dos frades. O convento salvouse da ruína pola intervención do Concello de Padrón, que o administrou ata o 1865. O concello arrendaba o convento e a horta por períodos de tres anos, coa condición de conservalo intacto e non talar o bosque.

 

Durante vinte anos foi rexido polo Arcebispado de Santiago, que estableceu alí un seminario menor. En 1885 volveron os frades a Herbón, e seis anos despois fundaron o Seminario Franciscano. Aquí comezou a súa historia como centro educativo, que rematou hai apenas uns anos.

A maior parte do convento data do século XVIII, agás o claustro, o comedor dos frades e os dormitorios, que son anteriores. Está construído nun estilo austero e funcional, con ausencia de elementos decorativos. No interior garda en cambio preciosos retablos, esculturas e pinturas.

A igrexa construíuse entre 1705 e 1722. É unha nave de cruz latina con bóvedas de cantería sobre arcos faxóns de medio punto. Na sobria fachada destaca o lucernario e o campanario. O interior conserva pezas marabillosas. Unha delas é o órgano, da primeira metade do século XVIII, aínda que completamente reformado en 1923. Outras son os seus nove retablos.

                             

O retablo maior é obra de Xacinto Barrios. Data de 1708 e foi creado seguindo os cánones do barroco. Aquí atopamos as tallas de San Franciso e Santo Antón, realizadas por Xosé Gambino, o gran mestre do rococó galego, que en Herbón realizou algunhas das súas pezas mestras. Os retablos da Dolorosa, a Virxe de Guadalupe, San Diego, San Franciso e San Luis son tamén do XVIII. Na seguinte centuria e en estilo neoclásico talláronse os do Sagrado Corazón e Virxe de Fátima. O de San Bieito é unha adaptación de 1972 dun retablo anterior.

O CACHE

E un tubo cilindrico tamaño carrete de fotos, e, en principio non deberia resultar complicado de atopar, Todo geocacher que poida ir a por el o dia en que esta prevista a sua publicación atoparase cunha sorpresa a maiores (espero que poida ser publicado o dia 13 de xuño). 

Flag Counter

Additional Hints (No hints available.)