O nome da parroquia de Pedre (Concello de Cerdedo) deriva do latín da verba "Petrix", que significa "Lugares construídos sobre terreo pedregoso". Nesta praza pedregosa xuntábanse os veciños pra malla-lo centeo e tamén pra desfolla-lo millo, as bromas e cantigas populares estaban sempre aseguradas pra amenizar estes traballos.
Na eira grande de Pedre podense distinguir dous tipos dos vintedous que se poden distinguir en Galicia. Os dous son hórreos mixtos, isto é, que na sua fabricación se combinou o uso da pedra e da madeira.
O hórreo tipo Pontevedra conta coa suspensión sobre pés e o hórreo tipo Mahía con suspensión sobre cepas.