O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

HISTORIA
Posiblemente foi fundado entre os séculos XIV e XV, sendo nesa época de tamaño moito máis reducido.
No século XVI a praza-forte consta como propiedade do correxedor de Granada e capitán xeral das illas Canarias, García de Sarmiento. En 1617 Filipe III concedeu ao seu primoxénito, Diego Sarmiento de Acuña, o título de Conde de Gondomar, por defender a costa do val Miñor dos ataques do pirata Francis Drake. Nesa época o conxunto foi obxecto de considerables modificacións e ampliacións.
En 1665 foi invadido polos exércitos portugueses, que no asalto destruíron gran parte das edificacións, sendo restaurado en estilo neoclásico.
Un incendio producido no século XVIII provocou o seu abandono até que no século XIX o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli, comezando as obras de restauración que continuaron até principios doséculo XX e deron lugar á actual edificación.
(texto:wikipedia)
GEOCACHING
El cache es de tamaño micro, contiene el logbook y un lápiz.
Procura volver a dejar el caché tal y como lo encontraste.