As mouras o donas son mujeres bellísimas y encantadas que habitan bajo tierra o bajo el agua, saliendo a asollar su oro junto a las fuentes, ríos, castros, mámoas y ruinas de antiguos monumentos. Son seres feéricos, leucodermos, de rubia cabellera y ojos azules. Lucen lujosos vestidos cubriendo ocasionalmente sus descalzos y bellos pies, llevan suelto su largo cabello y se adornan con maravillosas joyas. Sentándose a orillas de los manantiales o ríos, lavan, peinan sus dorados cabellos con peines de oro, mirándose en un áureo espejo y... aguardan.
A MOURA-SERPE DE GAVIEIRA

Neste lugar é onde ten os seus encontros cos mozos que a pretenden unha moura moi perigosa: a Moura -Serpe. Unha das crenzas é que se trata dunha moza enfeitizada entre esta vida e o ultramundo, gardando un gran tesouro, e aquel que sexa capaz de romper o feitizo poderá casar con ela e levar consigo todos os tesouros.
A relación da nosa moura cos mozos que ata ela se achegan ten sempre un marcado carácter e intención sexual e a proba que eles deben superar expresa todo este significado. O mozo debe agardar sobre a “cadeira da moura” (unha pedra que sobresae pola ladeira) a media noite a chegada da moura. Unha proba só para ser superada polos máis afoutos e valentes. A moura chega ata alí en forma de serpe, reptando polo chan, e porta na boca un caravel vermello. A cor vermella simboliza claramente o sangue (O sangue nos ritos iniciáticos da adolescencia está relacionado coa chegada da menstruación ou coa perda da virxindade; en ambos os casos indicadores simbólicos do paso á madurez).
A moura-serpe, ao que chega á súa “cadeira”, ocupada polo mozo que a agarda, comeza a enroscarse no seu corpo subindo por el arriba, cada vez estruchándoo con máis forza a medida que o vai envolvendo, ata que a cabeza da serpe queda á altura da cabeza do pretendente heroe. Nese momento, a becha abre a súa enorme boca e amosa o caravel que leva entre as súas fauces. O mozo só ten que achegar a súa boca á boca da serpe e tomar do seu interior a flor cos seus beizos.
Este é o instante climático, o mozo completamente envolveito e apertado por aquela enorme serpe e sen alento, aquela inmensa boca aberta ante a súa cara, e el só ten que achegar os seus beizos e tomar do seu interior a flor que se lle ofrece. Mais ese é tamén o momento en que o medo supera calquera intento de introducir a súa boca no interior da serpe e arrancar a flor.
Prodúcese entón un forcexo por zafarse daquela becha opresora, e na loita que se desenvolve o mozo case sempre remata afogado no fondo da poza.
Así pois non vaias buscar este caché á media noite, a non ser que queiras pobrar sorte coa Moura-Serpe...