Skip to content

Carballo Traditional Cache

Hidden : 6/8/2016
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Carballo


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 7 a 23h.


ANGIOSPERMAE / FAGALES / FAGACEAE

NOME CIENTÍFICO: Quercus robur L. Quercus pedunculata Ehrh. ex Hoffm.

OUTRAS DENOMINACIÓNS: carballo, roble.

ETIMOLOXÍA: ROBUR: forte, duro, pola dureza da madeira.

DESCRICIÓN:Árbore monoica de gran talla que pode pasar de 40 m. Sistema radical penetrante, cun eixe central groso e recto e raíces laterais vigorosas e estendidas. Tronco dereito. Cortiza grisácea e lisa ata os 20 anos, despois gretada e grosa, tomando unha coloración parduzca. Copa globosa, ampla e irregular.

Follas de 5-18 x 2,2-10 cm, caedizas, simples, alternas, membranosas, co pecíolo moi curto (2-7 mm), obovado - oblongas, irregularmente pinnatilobadas ou pinnatífidas, obtusas no ápice, acorazonadas na base onde frecuentemente forman dúas pequenas aurículas, verde escuras mate na face e máis pálidas no envés.

Flores unisexuais, as masculinas coa envolta sepaloidea de 5-6 divisións e 5-8 estames, agrupadas en amentos de 5-13 cm, colgantes e interrompidos. As femininas coa envolta sepaloidea e lobulada e ovario ínfero provisto de 3 estilos soldados na base. As flores femininas están situadas no interior dun involucro formado por numerosas escamas, agrupadas por 2-3 e situadas sobre un longo pedúnculo de 3-8 cm. O froito é un aquenio ovoide - oblongo, de 20-40 x 8-18 mm, cor castaña e lustroso, situado sobre un longo pedúnculo de 25-120 mm. Cúpula leósa de 8-15 x 15-20 mm. con escamas empizarradas. Semente amarga, pouco oleaxinosa e rica en almidón. Madura en setembro.

FLORACIÓN: Floración coetánea entre abril e maio. A polinización é anemógama.

ORIXE: Orixinaria de Europa, Asia e norte de África.

HÁBITAT: Habita en bosques caducifolios en terreos profundos, frescos e soltos.

LOCALIZACIÓN: É a árbore máis típica do país, a pesar de estar en franca regresión. É máis abundante no norte e oeste de Galicia.

USOS: Árbore de gran valor ornamental e paisaxístico. A madeira moi utilizada na construcción naval, fabricación de travesas de ferrocarril, carpintería e ebanistería. A cortiza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes.

OBSERVACIÓNS: A leña é moi boa e o carbón obtido dela ten unha elevada potencia calorífica. Hibrida con Q. petraea e Q. pyrenaica, dando lugar a exemplares de difícil distinción.

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

MITOLOXÍA: Nas tradicións europeas o carballo era considerada unha árbore máxica e lexendaria: era a máis grande, a máis forte, a árbore escoillida polos deuses. Segundo os celtas, tódalas grandes reunións debian producirse debaixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visgo de carballo (Viscum album) era recollido cunha grande cerimonia polos druídas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males.

Fonte documental:   Árbores de Galicia      

Flag Counter

Additional Hints (Decrypt)

Nb cé qb pneonyyb, gncnqb cbe qúnf crqenf.Ny cvr qry eboyr, gncnqb cbe qbf cvrqenf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)