Skip to content

Espiño Traditional Cache

Hidden : 6/10/2016
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Espiño


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 7 a 23h.


ANGIOSPERMAE / ROSALES / ROSACEAE

NOME CIENTÍFICO: Crataegus monogyna Jacq.

OUTRAS DENOMINACIÓNS: estripo, estripo albar, espino majuelo, espino albar, majuelo.

ETIMOLOXÍA: CRATAEGUS do grego KRATAIOS: forte, robusto en alusión á súa madeira, ou de KRATOS: forte e AIGON: cabra, en alusión a que as follas novas deste arbusto son ramoneadas polas cabras, que así conseguen unha grande fortaleza; MONOGYNA: por ter un solo estilo en cada flor.

DESCRICIÓN: Arbusto ou pequena árbore espiñenta de ata 4 m, que ás veces pode alcanzar máis altura. Tronco curto e algo torto. Cortiza lisa, parda - grisácea, algo avermellada, que co tempo vai gretando. Copa baixa, arredondada, densa e ancha.

Follas de 3,5-8 x 4-7 cm, caedizas, simples, alternas, con pecíolo ben desenvolvido (de ata 3,5 cm), presentando forma variable, pero en conxunto son obovadas e cuneiformes, provistas de 3-7 lóbulos profundos e irregulares, dentadas, cor verde intensa e lustrosas na face, máis pálidas no envés.

Flores hermafroditas, pequenas (8-15 mm) de olor agradable. Cáliz con 5 sépalos, corola con 5 pétalos brancos, estames en número indefinido e ovario ínfero cun só estilo. As flores reúnense en grupos corimbosos de ata 3 cm, con poucas flores cada un, dispostos en longos pedúnculos. O froito é un pomo de 8-10 mm, ovoide, avermellado e coroado polo resto dos sépalos. Semente en número de 1 por pomo. Madura entre setembro e outubro, pero os froitos poden permanecer na árbore ata o inverno.

FLORACIÓN: Florece entre abril e maio. A polinización é entomógama.

ORIXE: Orixinaria de Europa e oeste de Asia.

HÁBITAT: Habita en bosques mixtos caducifolios e sebes.

LOCALIZACIÓN: Pódese atopar por toda Galicia.

USOS: Utilizada como ornamental e como patrón para enxertar outras especies frutais da familia Rosáceas e na formación de sebes. A madeira emprégase na fabricación de mangos para ferramentas e outros útiles pequenos. En medicina as flores teñen utilidade como tónico cardíaco (mellora as arritmias e regula a tensión arterial). Tamén como sedante e antiespasmódico.

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

Additional Hints (Decrypt)

Bf rfcvñbf níaqn fba crdhrabf. Ab cé qb pneonyyb qr gebapb zúygvcyr. Ybf rfcvabf núa fba crdhrñbf. Ra yn onfr qry eboyr qr gebapb zúygvcyr. Gur gubeaf ner fgvyy fznyy. Vg vf ng gur onfr bs gur zhygvcyr gehax bnx.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)