Skip to content

Capudre Traditional Cache

Hidden : 6/10/2016
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Capudre


O capudre en Galicia atópase na montaña oriental de Lugo, é o que co seu froito tingue de vermello os Ancares e o Courel.


ANGIOSPERMAE / ROSALES / ROSACEAE

NOME CIENTÍFICO: Sorbus aucuparia L.

OUTRAS DENOMINACIÓNS: capudre, cancereixo, escornabois, serbal de cazadores.

ETIMOLOXÍA: AUCUPARIA do latino AUCUPOR: cazar aves, porque aos seus froitos acoden as aves, polo que se utilizan como engado para cazalas.

DESCRICIÓN: Árbore pequena de 8-10 m, que ás veces pode alcanzar máis altura. Raíz principal penetrante e raíces secundarias máis ou menos estendidas. Tronco dereito. Cortiza parda - gris e lisa e, nos exemplares, adultos gretada. Copa baixa e ovoide.

Follas de 22 x 12 cm, caedizas, alternas, imparipinnadas, compostas de 11-15 folíolos de 2,5-6 cm cada un, ovais -lanceolados, sentados, arredondados na base, agudos no ápice, dentados, cor verde clara na face e verde glauca no envés. As follas antes de caer adquiren unha coloración vermella.

Flores hermafroditas, pequenas (8 - 10 mm), olorosas, con cáliz en forma de tubourceolado provisto de 5 dentes, corola con 5 pétalos brancos, 20 estames e ovarioínfero con 3 estilos. As flores agrúpanse en corimbos pedunculados de ata 10-15 cm. O froito é un pomo de 8-10 mm, globoso, carnoso e áspero, primeiro amarelo, pasando por alaranxado ata chegar a vermello. Sementes en número de 2-4 por pomo. Madura entre setembro e outubro, pero os froitos poden permanecer ata o inverno na árbore.

FLORACIÓN: Florece entre maio e xuño. A polinización é entomógama.

ORIXE: Orixinaria de Europa, centro e norte de Asia.

HÁBITAT: Habita en bosques caducifolios e sebes de montaña.

LOCALIZACIÓN: Pódese atopar nas zonas altas das montañas orientais e meridionais de Galicia (Courel, Ancares, Invernadeiro e Queixa) e, máis escasa, nas serras setentrionais.

USOS: Moi estimada como ornamental polas follas, flores e, sobre todo, polos seus froitos vermellos, abundantes e persistentes durante parte do inverno. Como medicinal, os froitos teñen propiedades diuréticas e antiescorbúticas e as follas e a cortiza son astrinxentes. A madeira, moi dura e homoxénea, é apreciada por torneiros e ebanistas. O froito non é comestible, pero é buscado por gran cantidade de aves, para as que supón un importante alimento invernal. Dos froitos obtense un augardente que se utiliza na elaboración do wodka.

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)