Skip to content

Salgueiro Traditional Cache

Hidden : 6/10/2016
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Salgueiro


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 7 a 23h. Boa vista da cidade


ANGIOSPERMAE / SALICALES / SALICACEAE

NOME CIENTÍFICO: Salix atrocinerea L. Salix cinerea auct.

OUTRAS DENOMINACIÓNS: salgueiro, salgueiro negro, zao, sauce ceniciento, sarga negra.

ETIMOLOXÍA: ATROCINEREA: de ATRO: escuro e CINEREO: cincento, polo veludo grisáceo das súas follas.

DESCRICIÓN: Arbusto ou árbore dioica de ata 10 m. Tronco dereito erobusto. Cortiza parda - grisácea. Copa case arredondada e pouco densa.

Follas de 2-10 x 1-2 cm, caedizas, simples, alternas, curtamente pecioladas, con estípulas arriñonadas, de obovado - oblongas a lanceoladas, pasando por elípticas, de marxe revoluta, enteira ou levemente dentada, con ápice agudo ou obtuso, atenuadas ou arredondadas na base, moi tomentosas cando novas, despois verde escuras na face, glaucas no envés, con pelos ou sen eles nas dúas caras, salvo os nervios do envés onde hai pelos ferruxíneos.

Flores unisexuais, verdosas ou amarelas, coa envolta floral reducida a unha estructura nectarífera e provistas dunha escama pilosa de ápice escuro. Flores masculinas provistas de 2 estames e un nectario. As femininas con ovario súpero e piloso sobre un pedicelo, con estilo curto e estigmas enteiros ou bífidos e un nectario. As flores agrúpanse en amentos laterais de ata 7 x 1-2 cm, os masculinos ovoides e os femininos cilíndricos. O froito é unha cápsula de 7 mm, ovado - cónica, tomentosa, que se abre na madurez por dúas valvas. Sementes pequenas e cubertas de pelos algodonosos. Madura entre abril e maio.

FLORACIÓN: Precoz, entre xaneiro e abril. A polinización é entomógama.

ORIXE: Orixinaria de Europa.

HÁBITAT: Habita en ribeiras de cursos de auga, valgadas, prados húmidos e outros lugares máis secos como sebes e bosques.

LOCALIZACIÓN: É o salgueiro máis común e pódese atopar por toda Galicia.

USOS: Desempeña un importante papel como fixador de ribeiras de ríos e arroios.

OBSERVACIÓNS: É unha importante planta melífera polo cedo da súa floración. A cortiza é rica en tanino e contén salicilina. A madeira descortizada presenta estrías lonxitudinais prominentes.

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

CURIOSIDADES: O seu nome xenérico, Salix, que provén do celta sal (próximo) e lis (auga), é moi indicativo dos lugares onde podemos atopalo: beiras de ríos e regatos, bordos de prados, brañas, turbeiras e en todos aqueles sitios onde os solos estén humidos durante todo o ano. Coñecesen fosiles de salgueiro dende fai un millón de anos. Esta continuidade no tempo, deu lugar a que ó seu carón coevolucionaran multitude de insectos que precisan da súa presencia para existir,sendo, despois do carballo e xunto co bidueiro, a árbore coa maior cantidade de especies dependentes.

ETNOLOXÍA: Ao salgueiro e a outras especies do xénero Salix atribuíronselle en Centroeuropa moitas virtudes máxicas e feiticeiras. Proba disto é que a palabra inglesa witch (bruxa, meiga) deriva do nome inglés que designa xenericamente ós salgueiros (willow). En moitas partes de Europa era debaixo do salgueiro onde as meigas, fadas e demais personaxes escuras levaban a cabo os seus feitizos. En Asturias utilizábanse polas de salgueiro para romper feitizos e quitar do corpo diferentes males e doenzas. Pola contra, no noso País, non atopamos no salgueiro ningunha propiedade máxica agás a virtude, compartida por outras árbores, de servir ós poceiros para a búsqueda da auga subterránea. Un punto e aparte son as propiedades medicinais do salgueiro, xa descubertas por Hipócrates (século IV a.C.) para tratar as febres e as dores de cabeza, e que fixo que un dos primeiros traballos científicos sobre as propiedades medicinais dunha árbore, fora realizado en 1763 sobre a cortiza do salgueiro.

Fonte documental:   Árbores de Galicia      

Additional Hints (Decrypt)

Nb cé qb fnythrveb. Qronvkb qb pnpub qn crqen ynenakn Ny cvé qry fnhpr. Qronwb qry crqnmb qr yn cvrqen anenawn

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)