Skip to content

Freixo Traditional Cache

Hidden : 6/23/2016
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Freixo

ANGIOSPERMAE / GENCIANALES / OLEACEAE

NOME CIENTÍFICO: Fraxinus excelsior L.

OUTRAS DENOMINACIÓNS: freixo, fresno común.

ETIMOLOXÍA: EXCELSIOR: máis alto, por ser o freixo que alcanza máis altura.

DESCRICIÓN: Árbore polígama de ata 30-40 m. Sistema radical potente e estendido. Tronco dereito e cilíndrico. Cortiza lisa e verde grisácea nos exemplares novos, parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. Copa alta, ovoide, estendida e pouco ramalluda.

Follas de 20-30 cm, caedizas, opostas, imparipinnadas, compostas de 9-13 folíolos (ás veces pode haber menos) de 5-11 x 1-3 cm cada un, sentados ou case, entre ovados e lanceolados, acuminados no ápice, cuneados na base, serrados en todo o seu contorno, cun número de dentes dobre do número de nervios secundarios, verdes escuras na face e máis pálidas no envés. A follas ao caer adquiren unha tonalidade amarelenta moi chamativa.

Flores de distintos tipos unhas unisexuais e outras hermafroditas, pouco vistosas, amarela - verdosas ou púrpuras, pequenas (2 mm), núas, con 2 estames e ovario súpero, agrupadas en panículas curtas de 2-3 cm, primeiro erectas, despois colgantes.

O froito é unha sámara de 25-50 x 7-10 mm, con á lanceolada, truncada ou escotada no ápice, arredondada na base, primeiro verde e despois parda. Madura a finais do verán.

FLORACIÓN: precoz, en primavera. A polinización é anemógama.

ORIXE: Orixinaria de Europa e Oeste de Asia.

HÁBITAT: Habita en sebes, ribeiras e bosques en solo fresco e profundo.

LOCALIZACIÓN: É abundante no norte de Galicia, no sur é sustituída polo F. angustifolia.

USOS: Especie leñosa con importancia na formación da paisaxe, usada como ornamental, para o que se seleccionaron moitas variedades. A madeira utilizouse tradicionalmente na construcción de carros e outros apeiros de labranza. As follas en infusión téñense utilizado como laxante e diurético. Tamén para combater as enfermidades renais e o reuma. A cortiza para baixar a fiebre e tamén como aromática, aperitiva, tónica e expectorante. A leña é moi bo combustible e da un carbón de primeira calidade.

OBSERVACIÓNS: Pódese confundir co F. angustifolia do que se distingue por ter as xemas negras e aveludadas.

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

CURIOSIDADES: A madeira empregouse tradicionalmente na construción de carros e outros apeiros de labranza, en xeral aqueles elementos que requiren robustez e flexibilidade como os mangos ou os eixos dos carros, tamén na cestería. O freixo forma parte das tres árbores consagradas ás fadas: carballo, freixo e espiño, a xente sempre comenta que nos lugares onde aparecen as tres árbores seguro que se poden ver fadas.

Fonte documental:   Árbores de Galicia      

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb Fra fníqn - Fva fnyvqn Zntargvp - Ab Rkvg

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)