Skip to content

Cedeira Traditional Cache

Hidden : 10/22/2016
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano       


Cedeira

Contan as lendas que os homes e mulleres que viven nesta costa foron nas súas orixes fillos das baleas e os peixes. Rodeada de cantís de 600 m de altura, a pequena Ría de Cedeira ten un gusto salgado e eterno... Isto é o mar, bravo e xeneroso. Un mar de percebes. Habitou nestes confíns o pobo prerromano dos lapatiancos, citados por Claudio Ptolomeo, xeógrafo do século II. Vellos pergaminos medievais fan referencia á mesma comarca, dándolle o nome de Terra de Cetaria (vocábulo latino relacionado coas actividades pesqueiras). É o momento en que Cedeira, xunto co seu territorio, está suxeita ao poder da chamada Casa de Traba; é no século XIII cando xorde a vila de Cedeira; esta e a súa xurisdición, a partir da seguinte centuria, constituirán un señorío dos condes de Lemos, e así traspasa o limiar do século XIX, en que as correntes do liberalismo político impoñen cambios conducentes á situación actual.

O Condomiñas é un dos ríos que rende as súas augas á bahía. Na última parte do seu percorrido, cruza esta vena acuífera por medio de Cedeira, a capital do municipio. Na marxe dereita, moi ao abrigo de ventos, levántase o máis antigo da poboación: a única parte de que consta a vila ata ben entrado no século XX. A Avenida da Mariña, coas súas casas de miradores encristalados que reflicten as súas fachadas na preamar, foi, no seu momento, o primeiro ensanche que coñeceu a vila, nas últimas décadas do século XX. Máis dentro acharemos estreitas e pendentes rúas, cuxo trazado remóntase xa a tempos medievais. Velaquí o que algún día estivo circundado por unha muralla defensiva. Os portais ou portas de acceso a este núcleo chamábanse Porta da Vila, que era a principal; porta de Cartas, por onde se saía á zona rural da parroquia; porta de Rebordelo, que daba acceso ao camiño do porto, ao castelo e á ermida de San Antonio e Porta da Ribeira, por onde se baixaba á praia hoxe desaparecida, precisamente por mor dos espazos gañados ao mar.

Un detido paseo pola zona antiga da vila, lévanos á contemplación de pasados recordos: hoxe testemuños heráldicos nalgunhas fachadas; hai un cruceiro do século XVIII onde estivo a porta de Rebordelo; quedan algúns arcos de pedra como os que deberon de mostrar moitas máis casas, posteriormente reformadas.

A praia da Madalena

Praia en ámbito urbano. Con forma de enseada, de area branca e fina. Gorecida dos ventos. Augas tranquilas, ideais para gozar do baño e dos deportes acuáticos. Praia portuaria, con zona de fondeo de embarcacións: á áncora e con bloques. Propicia para recalar despois dunha excursión en barco pola ría. Nas inmediacións paseo marítimo baixo o piñeiral (con mesas, bancos, parque infantil...). Bo para pasear e gozar da lectura ou os máis pequenos dos xogos.

Fonte documental:   Turismo - Xunta de Galicia

Galego        Castellano       


Cedeira

Cuentan las leyendas que los hombres y mujeres que viven en esta costa fueron en sus orígenes hijos de las ballenas y los peces. Rodeada de acantilados de 600 m de altura, la pequeña ría de Cedeira tiene un gusto salado y eterno... Esto es el mar, bravo y generoso. Un mar de percebes. Habitó en estos confines el pueblo prerromano de los lapatiancos, citados por Claudio Ptolomeo, geógrafo del siglo II. Viejos pergaminos medievales hacen referencia a la misma comarca, dándole el nombre de Terra de Cetaria (vocablo latino relacionado con actividades pesqueras). Es el momento en que Cedeira, junto con su territorio, está sujeta al poder de la llamada Casa de Traba; es en el siglo XIII cuando surge la villa de Cedeira; ésta y su jurisdicción, a partir de la siguiente centuria, constituirán un señorío de los condes de Lemos, y así traspasa el umbral del siglo XIX, en que las corrientes del liberalismo político imponen cambios conducentes a la situación actual.

El Condomiñas es uno de los ríos que rinde sus aguas a la bahía. En la última parte de su recorrido, cruza esta vena acuífera por medio de Cedeira, la capital del municipio. En la margen derecha, muy al abrigo de vientos, se levanta lo más antiguo de la población: la única parte de que consta la villa hasta bien entrado en el siglo XX. La Avenida de la Marina, con sus casas de miradores encristalados que espejean sus fachadas en la pleamar, fue, en su momento, el primer ensanche que conoció la villa, en las últimas décadas del siglo XX. Más adentro hallaremos estrechas y pendientes rúas, cuyo trazado se remonta ya a tiempos medievales. He aquí lo que algún día estuvo circundado por defensiva muralla. Los portales o puertas de acceso a este núcleo se llamaban Porta da Vila, que era la principal; porta de Cartas, por donde se salía a la zona rural de la parroquia; porta de Rebordelo, que daba acceso al camino del puerto, al castillo y a la ermita de San Antonio y Porta da Ribeira, por donde se bajaba a la playa hoy desaparecida, precisamente a causa de los espacios ganados al mar.

Un detenido paseo por la zona antigua de la villa, nos lleva a la contemplación de pasados recuerdos: hoy testimonios heráldicos en algunas fachadas; hay un cruceiro del siglo XVIII donde estuvo la Porta de Rebordelo; quedan algunos arcos de piedra como los que debieron de mostrar muchas más casas, posteriormente reformadas.

La playa de A Madalena

Playa en entorno urbano. Con forma de ensenada, de arena blanca y fina. Guarecida de los vientos. Aguas tranquilas, ideales para disfrutar del baño y de los deportes acuáticos. Playa portuaria, con zona de fondeo de embarcaciones: al ancla y con bloques. Propicia para recalar después de una excursión en barco por la ría. En las inmediaciones paseo marítimo bajo el pinar (con mesas, bancos, parque infantil,...). Bueno para pasear y disfrutar de la lectura o los más pequeños de los juegos.

Fonte documental:   Turismo - Xunta de Galicia

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)