Skip to content

O Xigante do Pindo Traditional Cache

Hidden : 1/6/2017
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
4 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano        English (Not available)


Ogallá o Xigante fose quen de defender o Pindo fronte ás numerosas agresións e o desleixo ao que está sendo sometido ata que sexa declarado Parque Natural.

Extracto do documento a ser presentado como proposición no Observatorio Galego da Biodiversidade para avalar a declaración do Monte Pindo como futuro Parque Natural:

O Monte Pindo é un macizo gránítico que se eleva dende a beira do mar até os 627 metros de altitude que está situado maioritariamente no Concello de Carnota e máis no Concello de Mazaricos. Debido ás súas especiais características xeolóxicas, numerosas especies de fauna e flora protexida desenvólvense nun pequeno espazo de 5 km2 (Unhas 500 ha). Esta pequena superficie xunto coa topografía abrupta do terreo ocasionan que dentro dos seus límites non existan núcleos poboados e tampouco existen pistas forestais de acceso para os terreos. Debido ao pedregoso do terreo apenas se explotan algunhas pequenas parcelas forestais na parte baixa do monte facendo que a parte alta estea por completo inexplotada e constitúe un candidato excepcional para formar parte dun Parque Natural que protexa o patrimonio natural e axude a promover o turismo sostible. As características turísticas do espazo natural son excepcionais.

Actualmente o Monte Pindo forma parte da Rede Natura (LIC Es1110008), que comprende tanto o Monte Pindo como as zonas adxacentes á costa tamén de grande interese natural. Sen embargo proponse para formar parte dun futuro Parque Natural Monte Pindo unicamente a área de monte granítico que unha vez constituído podería ser ampliable a zonas de costa adxacente de grande interese natural. Para a implantación dun novo Parque Natural é máis sinxelo comezar polas áreas de monte xa que destacamos o seu estado natural e a falta de colisión con outras actividades humanas. Esta falta de aproveitamento actual fai moito máis sinxela a implantación dun parque natural e pode traer amplos beneficios económicos para os habitantes locais.

É destacable a presenza no Monte Pindo de numerosos hábitats protexidos pola normativa comunitaria na materia (Directiva 92/43/CEE) destacando a súa extensión nesta zona cunha influencia menor das actividades humanas. Un total de 5 hábitats de interese comunitario alomenos comprenden a zona do Monte Pindo proposta como futuro Parque Natural.

Flora

Hai que destacar o elevado número de especies de plantas protexidas que viven nun lugar de tan pouca extensión xeográfica. Existen no Monte Pindo un total de 8 especies de plantas protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas: 7 plantas vasculares e mais 1 briófito; delas 2 especies están en perigo de extinción e 5, mailo briófito, baixo a categoría Vulnerable. Iris boissieri (En perigo de Extinción) está presumiblemente extinta no Monte Pindo e é necesaria unha prospección intensiva para confirmalo e probablemente unha reintrodución.

Fauna

A notable riqueza da flora protexida ten tamén o seu reflexo na abundante fauna de interese de conservación entre as que destacamos 3 especies protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas baixo a categoría Vulnerable, xunto con outras 7 especies protexidas polo Libro Roxo de Vertebrados de España, o que fai un total de 10 especies protexidas nun territorio de reducida extensión superficial.

Xeoloxía

Según a información que provee a Xunta de Galiza na súa web acerca dos espazos que forman a Rede Natura Galega, dende o punto de vista xeolóxico o Monte Pindo é un inselberg constituido por granodioritas biotíticas tardías. Elévase abruptamente sobre a costa e sobre o val do río Xallas chegando a acadar na Moa os 627 metros de altitude a escasos 2 Km do mar. Debido ao abrupto do territorio que ocupa e a súa topografía abundan as formacións xeolóxicas características que a sabiduría popular transforma en rochas vivas ás que pon nome como “O Guerreiro” no Chan de Lourenzo entre outros.

Dende o punto de vista xeolóxico o Monte Pindo está ateigado de formacións como domos rochosos, nubbins, relevos acastelados, tors, microformas tipo gnamma (Pías) e Tafone (Cacholas). Cara o norte do macizo discurre o río Xallas encaixonado a uns 300 metros de altitude. Ao achegarse ao mar desemboca no mesmo formando unha fervenza o que constitúe o único exemplo de río en Europa que desemboca no mar formando unha fervenza, a pesar dos desgraciados aproveitamentos hidroeléctricos que limitan e reducen esta beleza natural.

Hoxe en día o Monte Pindo é un Punto de Interese Xeomorfolóxico (PIG-C-115) de importancia estatal o que dá mostra das súas especiais características xeolóxicas que implican tamén especiais características biolóxicas, culturais e turísticas.

Patrimonio

A pesar do despoboado do Monte Pindo é un lugar abundante en patrimonio cultural. Historias e lendas son frecuentes dende o principio dos tempos. Dende a utilización de plantas medicinais para ritos de fertilidade, a utilización do monte como refuxio para os maquis da guerra civil o Monte Pindo sempre foi considerado un lugar especial e por iso existen numerosos restos de patrimonio cultural.

Fontes documentais:   Proposta de Parque Natural Monte Pindo

GM002 (Geosite RF004). Curso Baixo, fervenzas e desembocadura do Xallas. Salto de Fervenza

Galego        Castellano        English


Ojalá el Gigante fuese capaz de defender el Pindo frente a las numerosas agresiones y la dejadez a las que está siendo sometido hasta que sea declarado Parque Natural.

Extracto del documento para presentarlo cómo proposición en el Observatorio Gallego de la Biodiversidad para avalar la declaración del Monte Pindo cómo futuro Parque Natural:rvatorio Galego da Biodiversidade para avalar a declaración do Monte Pindo como futuro Parque Natural:

El Monte Pindo es un macizo gránítico que se eleva desde la orilla del mar hasta los 627 metros de altitud que está situado mayoritariamente en el Ayuntamiento de Carnota y también en el Ayuntamiento de Mazaricos. Debido a sus especiales características geolóxicas, numerosas especies de fauna y flora protegida se desarrollan en un pequeño espacio de 5 km2 (Unas 500 ha). Esta pequeña superficie junto con la topografía abrupta del terreno ocasionan que dentro de sus límites no existan núcleos poblados y tampoco existen pistas forestais de acceso para los terrenos. Debido al terreno tan pedregoso apenas se explotan algunas pequeñas parcelas forestales en la parte baja del monte, haciendo que la parte alta esté por completo inexplotada y constituye un candidato excepcional para formar parte de un Parque Natural que proteja el patrimonio natural y ayude la promover el turismo sostenible. Las características turísticas del espacio natural son excepcionales.

Actualmente el Monte Pindo forma parte de la Red Natura (LIC Eres1110008), que comprende tanto el Monte Pindo como las zonas adyacentes a la costa también de grand interés natural. Sin embargo se proponen para formar parte de un futuro Parque Natural Monte Pindo sólo el área de monte granítico que una vez constituido podría ser ampliable la zonas de costa adyacente de grand interés natural. Para la implantación de un nuevo Parque Natural es más sencillo comenzar por las áreas de monte ya que destacamos su estado natural y la falta de colisión con otras actividades humanas. Esta falta de aprovechamiento actual hace mucho más sencilla a implantación de un parque natural y puede traer amplios beneficios económicos para los habitantes locales.

Es destacable la presencia en el Monte Pindo de numerosos hábitats protegidos por la normativa comunitaria en la materia (Directiva 92/43/CENE) destacando su extensión en esta zona con una influencia menor de las actividades humanas. Un total de 5 hábitats de interés comunitario por lo menos comprenden la zona del Monte Pindo propuesta como futuro Parque Natural.

Flora

Hay que destacar el elevado número de especies de plantas protegidas que viven en un lugar de tan poca extensión geográfica. Existen en el Monte Pindo un total de 8 especies de plantas protegidas por el Catálogo Gallego de Especies Amenazadas: 7 plantas vasculares y 1 briófito; de ellas 2 especies están en peligro de extinción y 5, además del briófito, bajo la categoría de Vulnerable. Iris boissieri (En peligro de Extinción) está presumiblemente extinta en el Monte Pindo y es necesaria una prospección intensiva para confirmarlo y probablemente realizar una reintroducción.

Fauna

La notable riqueza de la flora protegida tiene también su reflejo en la abundante fauna con interés para su conservación entre las que destacamos 3 especies protegidas por el Catálogo Gallego de Especies Amenazadas bajo la categoría Vulnerable, junto con otras 7 especies protegidas por el Libro Rubio de Vertebrados de España, lo que hace un total de 10 especies protegidas en un territorio de reducida extensión superficial.

Geología

Según la información que provee la Xunta de Galiza en su web acerca de los espacios que forman la Red Natura Gallega, desde el punto de vista geológico el Monte Pindo es un inselberg constituido por granodioritas biotíticas tardías. Se eleva abruptamente sobre la costa y sobre el valle del río Xallas llegando a conseguir en la Moa los 627 metros de altitud a escasos 2 Km del mar. Debido a lo abrupto del territorio que ocupa y su topografía abundan las formaciones geolóxicas características que la sabiduría popular transforma en rocas vivas a las que ponen nombre como "O Guerreiro" en el Chan de Lourenzo entre otros.

Desde el punto de vista geológico el Monte Pindo está atestado de formaciones como domos rochosos, nubbins, relieves acastillados, tors, microformas de tipo gnamma y Tafone. Hacia el norte del macizo discurre el río Xallas encajonado a unos 300 metros de altitud. Al acercarse al mar desemboca en el el mismo formando una cascada que lo constituye en el único ejemplo de río en Europa que desemboca en el mar formando una cascada, a pesar de los desgraciados aprovechamientos hidroeléctricos que limitan y reducen esta belleza natural.

Hoy en día el Monte Pindo es un Punto de Interés Geomorfológico (PIG-C-115) de importancia estatal lo que da muestra de sus especiales características geológicas que implican también especiales características biológicas, culturales y turísticas.

Patrimonio

A pesar de lo despoblado del Monte Pindo es un lugar abundante en patrimonio cultural. Historias y leyendas son frecuentes desde el principio de los tiempos. Desde la utilización de plantas medicinales para ritos de fertilidade, la utilización del monte como refugio para los maquis de la guerra civil el Monte Pindo siempre fue considerado un lugar especial y por ello existen numerosos restos de patrimonio cultural.

Fuentes documentales:   Proposta de Parque Natural Monte Pindo

GM002 (Geosite RF004). Curso Baixo, fervenzas e desembocadura do Xallas. Salto de Fervenza

Galego        Castellano        English


I'm sorry, it's not available.

Additional Hints (Decrypt)

Qronvkb qhaun crqen. Qronwb qr han cvrqen. Vg vf haqre n fgbar.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)