
Galego
O castro posúe tres murallas, un foso formando un arco duns 150 m no acceso á península, na súa entrada houbo de estar defendido por 2 torreóns máis ou menos circulares.
O resto do perímetro da península está defendido por cantís. A península mide 200 metros de N-S e outros 200 m de L-O. No castro había un torreón xa desaparecido, pódense ver restos dalgunha vivenda rectangular e con ángulos redondeados. En varias escavacións nos anos 1970 atopáronse restos de cerámica, lousas e muíños de man.
Moi preto do castro hai unha fonte e unha praia protexida. Nas illas Gabeiras, situadas fronte ao castro, téñense atopado restos de cerámica. O actual castro está abandonado, sobre el construíuse un faro e acceso para vehículos, tamén houbo un posto de vixilancia do exército agora en ruínas.
A panorámica dende o castro é espectacular, en días claros pódese ver todo o Golfo Ártabro, dende as Illas Sisargas ata o cabo Prior. Unha visita a este lugar sempre paga a pena, aínda que só sexa para contemplar esta paisaxe.

Español
El castro posee tres murallas, un foso formando un arco de unos 150 m en el acceso a la península, en su entrada hubo de estar defendido por 2 torreones más o menos circulares.
El resto del perímetro da península está defendido por acantilados. La península mide 200 metros de N-S y otros 200 m de L-O. En el castro había un torreón ya desaparecido, se pueden ver restos de alguna vivienda rectangular y con ángulos redondeados. En varias excavaciones en los años 1970 se encontraron restos de cerámica, losas y molinos de mano.
Muy cerca del castro hay una fuente y una playa protegida. En las islas Gabeiras, situadas frente al castro, se han encontrado restos de cerámica. El actual castro está abandonado, sobre el se construyó un faro y acceso para vehículos, también hubo un puesto de vigilancia del ejército ahora en ruínas.
La panorámica desde el Castro es espectacular. En días claros se puede ver todo el Golfo Ártabro, desde las Islas Sisargas hasta el Cabo Prior. Una visita a este lugar siempre merece la pena, aunque sea solamente para contemplar este paisaje.
