O Castelo da Frouxeira 2.0 Traditional Cache
O Castelo da Frouxeira 2.0
-
Difficulty:
-
-
Terrain:
-
Size:
 (small)
Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions
in our disclaimer.
O castelo da Frouxeira é unha fortificación situada na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (concello de Foz), no pico da Frouxeira, a case cincocentos metros sobre o nivel do mar.
Pertenceu á mitra mindoniense e probablemente foi un dos bens que Pardo de Cela recibiu como dote de voda ao casar con Isabel de Castro, sobriña do bispo Henrique de Castro, e filla do conde de Lemos.
Na Frouxeira, desde principios do 1481 e ata case a súa morte, en decembro do 1483, Pedro Pardo defendeuse bravamente contra as tropas dos Reis Católicos, capitaneadas por Luis de Mudarra e comandadas por Fernando de Acuña, quen dixo ao ano e medio de estar en Galiza que harto tenía que hacer porque tenía cercado a Pedro Pardo en Peña Frouseira. Sábese ademais, por testemuño de Luis de Mudarra, que morreu moita xente no cerco.
A verdade é que A Frouxeira, pola súa situación xeográfica, é practicamente inexpugnable e de aí que as tropas castelás non fosen capaces de conquistala e derrotar a Pardo de Cela, polo que os dirixentes urdiron a trama da traizón e, unha vez traizoada, non deixasen pedra sobre pedra; soamente quedan aqueles restos que nin o tempo nunca será capaz de borrar.
Por un romance sábese o nome do traidor, Roi Cofano do Valedouro:
Destes fora Capitán o Cofano do Valedouro
Que aínda que fora un mouro Non me deran mais afán.
Estes dous feitos, a defensa e a traizón, aniñaron e mancaron no corazón do pobo e deron pé a que poetas, bardos e rapsodos os fosen cantando e recitando por feiras e mercados. Sábese tamén que nada máis ser degolado o Mariscal, escribiuse un "cantar", ou chamado tamén "pranto" da Frouxeira, no que xa se mitifica a punta rochosa debido a esa loita rexa que fixeron nela O Mariscal e os seus criados:
A min chaman toda Mira Señora do gran tesouro,
Por estrela esclarecida, xago neste Valedouro.
Onde a Frouxeira pasa a ser "admirada, estrela clara e señora do gran tesouro" por todos.
E acto seguido, o cantar recolle a traizón:
De min a triste Frouseyra
Que por treyçon foy vendida
Derribada na ribeyra
Ca jamais se veo vencida.
Isto é, xa entón se deron conta os poetas que a pesar de ser destruída e derribada "jamais se veo vencida"; a Frouxeira dende entón pasou a ser un símbolo.
Additional Hints
(Decrypt)
Ybpnyvmn ybf erfgbf qry pnfgvyyb. N znab qrerpun unl ha pnzvavgb dhr qrfpvraqr. Fíthryb. Yyrtneáf n ha fvgvb dhr cnerpr han phrin. N znab vmdhvreqn rfgá ry pnpué
Treasures
You'll collect a digital Treasure from one of these collections when you find and log this geocache:

Loading Treasures