Os carpinteiros cos pés mollados – 23
Continuamos pola costa cara ao interior da ría ata á enseada da Bogalleira desta parroquia de San Cosme, que dá nome ao barco máis característico e único desta ría: o Sancosmeiro, xa case desaparecido totalmente, merece un geocaché propio como tamén o merece a dorna, a embarcación galega por antonomasia, e por iso está presente nesta serie dos carpinteiros cos pés mollados.

DORNA
No Freixo tamén se construíron dornas, aínda que son máis usadas nas Rías Baixas, e continúan utilizándose nalgúns portos entre os que destacan os de O Grove, Aguiño ou A Illa de Arousa. Estas embarcacións forman parte tamén dunha importante flota tradicional que persiste polo empeño e traballo de moitas asociacións que tratan da súa recuperación e posta en valor.
A dorna é facilmente recoñecible, que leva navegando a ría de Arousa desde fai máis de 700 anos. O seu aparello é sinxelo e racional composto por unha quilla fonda e afiada que lle aporta un gran calado. O seu casco componse de 5 pares de táboas onde as superiores se superpoñen ás inferiores. Este método coñécese como construción en ‘tingladillo’ ou calime.
Os elementos máis rechamantes dunha dorna son: a proa vertical que se eleva por encima do auga, rematando en pico, e unha popa lanzada, con gran inclinación cara atrás. Leva un gran temón que se prolonga por baixo da quilla. Vista de perfil, a dorna ten a proa redondeada e a popa pequena, chata e inclinada.
Con grandes capacidades de navegación, é unha embarcación lixeira e con gran manobrabilidad, polo que tamén funciona como barco deportivo. A súa principal calidade náutica é sen dúbida a súa extraordinaria aptitude para navegar a vela, sen nada que envexar ás embarcacións deportivas modernas. É moi veloz ademais de resistente á escora.
En xeral, a dorna asóciase co pescador da arte de liña, labor que fóra de Arousa realizábanse botes, lanchas e bucetas. Algunhas dornas, as máis grandes, levaban unha cuberta corrida, desde a metade da eslora cara á proa, que servía para durmir a bordo cando era necesario.
“... Faciamos toda a vida na dorna, non se ía a durmir a terra, durmíase debaixo da tilla e comiamos na dorna. Tiñamos unha lousa á que chamabamos lareira, era unha pedra redonda que se poñía encima do panel da dorna ...”
Entrevista a Santiago Rodríguez Deus na Revista nº4 - 2006
A dorna é “a empresa do mariñeiro”, por isto se velaba moito polo seu coidado e protección. Na cultura popular galega recóllense varios rituais favorecedores que se realizaban ás dornas e que encaixan coas crenzas do amplísimo legado inmaterial do Patrimonio de Galicia. Así, por exemplo, as dornas eran ‘vareadas’ con xestas a media noite, molladas con auga do mar bendicida ou frotadas con cinzas da fogueira de San Xoán para lograr obter boas capturas e espantar os meigallos.
Manuel María. Dorna. As rúas do vento ceibe. 1979
Non hai dorna como a miña
tan xentil e tan lixeira.
Miña dorna ben feitiña!
Miña dorna mariñeira...!
(...)
Miña dorna sempre avante
atravesas todo ou mar.
Que fermosa! Que elegante!
Que ben sabes navegar!
De Escandinavia ata as Rías Baixas
Existe consenso entre os especialistas para situar a orixe deste tipo de construción naval en relación directa coas estruturas dos drakkars, que chegaron ás costas galegas coas invasións viquingas. Iso xustificaría o seu abundante uso en Ría de Arousa, especialmente asediada polos normandos ao ser a porta de entrada a Santiago de Compostela e todas as súas riquezas. Aínda que tamén había dornas nalgúns puntos de Ría de Pontevedra como poden ser a Illa de Ons ou Noalla.
Dorna hai máis que unha
Pero, ademais da pesca, unha das súas actividades fundamentais foi o servizo de transporte con pequenas rutas comerciais. Especialmente en Sálvora e Ons, xa que a súa comunicación co continente dependía das dornas. Así mesmo, a variedade de tamaños evidencian que non todas as dornas dedicábanse ao mesmo.
É por iso que dentro da mesma tipología podemos facer unha clasificación que manifesta á perfección a riqueza do patrimonio marítimo galego.
Dorna a tope
Trátase dunha variante especial debido á técnica construtiva que lle dá nome. En lugar de superpoñer as táboas que conforman o casco, estás van arrimadas e apertadas unhas contra outras, o máis habitual nas embarcacións galegas. Con esta variación, atopámonos ante unha dorna máis redondeada e bastante barriguda con maior flexibilidade construtiva e que, polo tanto, ten variedade de tamaños (normalmente de entre 5 e 7 metros de eslora). Polo demais, mantén os elementos representativos de calquera outra dorna aínda que foi a que mellor adaptación tivo ao motor intraborda.
Dorna polbeira
É a tipoloxía máis común, é de pequena eslora (entre 4,5 e 5 metros) e pensada para o interior de ría, pode ser manexada por unha soa persoa. Dedícase á pesca do polbo, de aí a súa denominación, pero tamén se capturan outras especies con liña ou para o marisqueo á boia. Este subtipo participa en numerosas regatas de vela e remos.
Dorna xeiteira
A xeiteira, pola contra, era unha dorna de gran tamaño con tripulación de entre tres e oito mariñeiros, deseñada para saír a mar aberto, máis aló da bocana de ría. O seu nome correspóndese coa arte do xeito (arte de en malle de deriva) para a pesca da sardiña, o xurelo ou 6ocarte. Pero tamén se utilizou para o transporte de pasaxeiros e mercancías.
Cantiga popular: Foliada de Vilaxoán
Moi ben capeas o vento
miña dorna mariñeira,
moi ben capeas o vento,
fas coma unha boa moza,
ai, que anda con dous a un tempo,
que anda con dous a un tempo.
Ai lalelo, ai lalala
Alá van as dornas do xeito
pescar as sardiña a eito
e van cara á banda do mar
porque en Rianxo algo van pescar
(...)
Dorna meca
A meca se deferencia por ter a proa caída (lanzada) cara diante e unha eslora de 7 metros, sendo a variedade máis alargada. O seu nome deriva da súa orixe, pois foron ideadas e construídas nos asteleiros do Grove desde onde se estenderon a outros portos. E aínda que o xentilicio deste pobo arousán é grovense, os seus habitantes son máis coñecidos como mecos e mecas por unha lenda que nos retrotrae á sociedade feudal. (Neste caché esplícacho martinmg: A Fgueira do Meco)
Dorna nai
Trátase da modalidade máis moderna xa que foi creada nos anos 50 do século XX con propósitos de recreo e deportivos. Dispoñían de bañeira e cabina ao estilo dun cruceiro de recreo. Popularmente eran peor consideradas ao cualificarse como barcos de ‘señoritosi fronte ás dornas tradicionais dos mariñeiros humildes. E malia que chegou a haber máis de trinta, hoxe conservanse dúas: a Nai, recuperada pola Confraría da Dorna de Ribeira, e a Surfeira, en mans dos Amigos da Dorna de Portonovo.
Un forte valor identitario
Por todo o devandito, malia nacer como un modesto medio de vida do mariñeiro, a dorna pasou a ser unha icona popular e representativa da cultura marítima galega. Segundo Staffan Mörling, gran estudoso dorneiro, a construción de dornas non reflectía unha produción urbana, senón rural. Tanto os construtores como os seus clientes formaban parte dunha mesma e modesta clase social. O que non significa que todos fosen pobres, pero si que integraban unha cultura moi definida.
Cantiga popular: Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía
(...)
Collín a dorna en Rianxo
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da terra de Castelao á de Cela e Rosalía,
á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía,
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.
Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.
O propio aspecto da dorna era unha manifestación do grupo social. Por iso cando, en 1993, unha orde da Dirección de Mariña Mercante mandou pintar todas as embarcacións pequenas de branco, amarelo ou vermello, tivo lugar unha soada protesta, especialmente na Illa de Ons. Os da illa pediron unha exención local de dita orde para poder manter as cores tradicionais: a obra viva en branco e a obra morta en negro. Tratábase dun aceno de identidade xa que as primeiras dornas estaban pintadas así polo negro do chapapote e a graxa esbrancuxada de sardiña que se utilizaban para o acondicionamento das embarcacións.
En lugares como Ribeira, a dorna é un símbolo que satisfai a necesidade dunha identidade colectiva e cultural. A Festa da Dorna era, tradicionalmente, un asunto que interesaba a todas as capas sociais. Tiña unha función caritativa (que se mantén aínda que de forma diferente), unha verbena popular e un baile no casino ao que se accedía por invitación. Hoxe é Festa de Interese Turístico de Galicia que aspira a ter cada vez unha maior presenza de embarcacións tradicionais.
Fonte: Bluscus Galicia Marinera