Skip to content

Ruta de San Xoán da Cova 1 Traditional Cache

Hidden : 1/17/2021
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


A ruta de San Xoán da Cova é un percorrido liñal de 11 km pola marxe dereita do río Ulla no seu transcurso polo Concello de Vedra. O punto de partida é o miradoiro de San Xoán da Cova, para rematar na área recreativa de Cubelas logo de pasar pola aldea da Ponte Ulla, a área recreativa de Agronovo, a ponte de Sarandón e o coto de Ximonde, nun camiño trazado á sombra de carballos, salgueiros e ameneiros.

Miradoiro de San Xoán da Cova

O punto de partida da ruta é este miradoiro con vista a un espazo natural único. É o paso da Cova, que xorde cando a ladeira sur do Pico Sacro, que conta cun filón de cuarzo de catro quilómetros, córtase para deixar paso ao río Ulla, quedando ao outro lado o monte Castro. Fórmase así un espectacular estreitamento do río de catro metros de ancho entre dúas paredes duns cincuenta metros de caída vertical durante un percorrido de catorce metros. Este paso queda salvado na actualidade pola ponte antiga do ferrocarril, a ponte de Gundián, que se comezou a construír na década de 1930.

O nome deste lugar (e da ruta) refírese á existencia dun convento xa desaparecido. A isto únense un bo feixe de lendas relacionadas con este espazo, como a que di que no fondo do río hai un buraco no que remataba a cova do Pico Sacro, e que os mouros daquel lugar usaban para traer a beber os cabalos. Outra indica que antes de chegar a este paso estreito o río formaba unha lagoa, e  foron os os monxes deste mosteiro de San Xoán da Cova os que perforaron o monte para secar a lagoa.

O caché

Está escondido no miradoiro, para que quen o busque aproveite para ver esta vista singular entre a ponte vella do ferrocarril e a nova do AVE.

 

Additional Hints (Decrypt)

Qrfqr b rkgerzb qb zvenqbe, zven pnen ngeáf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)