Skip to content

9. A Sariña. Deberiamos conservala! Traditional Geocache

Hidden : 11/26/2021
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano        English


A Sariña é a locomotora que protagoniza a primeira viaxe da liña de Cornes, en Conxo (hoxe concello de Santiago de Compostela) a Carril (hoxe concello de Vilagarcía de Arousa), coa que Galicia entra na historia ferroviaria.

Hoxe non sabemos como está a pequena SAR, agochada da vista por unha lona azul, probablemente estará bastante deteriorada porque xa no 2007 a Casa Fundación Camilo José Cela reclamaba 31.900 euros para facer reparacións imprescindibles e un ano despois solicita que se declare Ben de Interese Cultural, para garantir a súa conservación con fondos públicos. En 1990 cedeuse en depósito á Casa Fundación Camilo José Cela que non foi quen de conservala como se debería, así que a opción é recuperala para afastala do desleixo e o abandono, restaurala e expoñela. En 2012 a Asociación pola Recuperación do Patrimonio de Vilagarcía xa solicitou ao actual presidente da Xunta de Galicia o traslado da Sariña ao Museo do Ferrocarril de Vilagarcía de Arousa, pero de momento no cambiou nada, a pesares da aparencia de acordo no Parlamento aquí segue, enferruxándose.

Hunslat Engine Company

A Sariña naceu en Leeds en 1880. Foi fabricada pola compañía Hunslat para o ferrocarril portugués da Beira Alta e en concreto para as obras do tramo entre Pampilhosa e Figueira da Foz. Era unha pequena locomotora de rodaxe 030 con tanque en albarda, un timbre de 8 kg/cm2 e unhas rodas motoras de algo menos dun metro de diámetro. A súa potencia era de 211 CV e o seu esforzo de tracción de 2.409 kg.

SAR

En 1886, ben fora pola finalización das obras ou por algunha outra razón, o xerente da compañía portuguesa ofreceu a locomotora a John Trulock, promotor da West Galicia Railway (denominación que adquiriu en 1895 a compañía do ferrocarril de Cornes a Carril) co que mantiña unha boa amizade. Toda a información sobre este punto é algo confusa e non se sabe de certo si a propiedade correspondía á compañía ou ao propio Trulock. O que parece máis seguro é que foi un agasallo como agradecemento pola axuda prestada por este ao ferrocarril portugués. Si está claro que recibiu o nome de Sar por ser este o río xunto ao cal discorre boa parte do percorrido da liña na que traballou e tamén que Trulock utilizábaa nas súas visitas pola liña; de feito, coñecíase como "a máquina do xerente". Neste punto resulta sintomático que, nos documentos oficiais da Compañía, a locomotora non aparece e tampouco consta que recibise numeración. Por outra banda, cando a West Galicia se integrou na MZOV en 1927 tampouco consta nos documentos oficiais. E, cando á súa vez, esta se integra na Compañía do Oeste, tampouco aparece Sariña en ningún documento. O que, en calquera caso, si parece certo é que desde a morte de Trulock en 1919, a locomotora estivo asignada ao servizo de manobras no porto de Carril e que posiblemente fose vendida de forma directa ao Oeste -que lle deu o número 191- en 1931.

SAR - 191

Neste porto de Carril, Sariña desenvolveu múltiples tarefas tanto en manobras, como xa queda devandito, e tamén como máquina ferramenta dos talleres. Raramente saía á liña salvo por incidencias. A máis común ocorría cando o tren que facía o percorrido Vilagarcía-Santiago, conducido normalmente polo mítico maquinista chamado Varela, non podía coroar unha rampla preto de Vilagarcía ao estar os raís mollados. Tralos tres toques convidos de chifre a Sariña saía a empuxar por cola para que o tren puidese coroar a rampla. Esta situación daba lugar a múltiples brincadeiras e anécdotas e, sobre todo, a que Sariña estivese perfectamente integrada naquela sociedade.

Estación de Carril

Pero, aínda así, a locomotora estaba en 1935 condenada ao despece xunto con outras 23 máquinas, pero o comezo das revoltas previas ao comezo da Guerra Civil fixo que se suspendese a poxa que estaba prevista para o 15 de xullo de 1936. É de supoñer que a locomotora sobreviviu á guerra en Carril e despois foi reparada e integrada en RENFE debido á gran escaseza de locomotoras.

030-0201

Xa coa súa matrícula definitiva de 030-0201 traballou nos talleres de Vigo e participou na Exposición do Centenario dos Ferrocarrís Españois en Barcelona xunto coa tamén famosa 01 Andaluces. Logo, en 1968, trasladouse á antiga sé do Museo do Ferrocarril de Madrid.

No museo do ferrocaril

En Delicias permaneceu ata que, en 1990, foi cedida pola Fundación dos Ferrocarrís Españois (FFE) á Casa Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia. Era un gran desexo deste escritor, neto de Trulock e membro do Consello da FFE. Hoxe segue aquí en estado de abandono.

A Sariña tapada

Fontes:  Treneando  Trenes y tiempo

 

Galego        Castellano        English


La Sariña es la locomotora que protagoniza el primer viaje de la línea de Cornes, en Conxo (hoy ayuntamiento de Santiago de Compostela) a Carril (hoy ayuntamiento de Vilagarcía de Arousa), con la que Galicia entra en la historia ferroviaria.

Hoy no sabemos cómo está la pequeña SAR, escondida de la vista por una lona azul, probablemente estará bastante deteriorada porque ya en el 2007 la Casa Fundación Camilo José Celda reclamaba 31.900 euros para hacer reparaciones imprescindibles y un año después solicita que se declare Bien de Interés Cultural, para garantizar su conservación con fondos públicos. En 1990 se cedió en depósito a la Casa Fundación Camilo José de Celda que no fue capaz de conservarla como se debería, así que la opción es recuperarla para alejarla de la dejadez y el abandono, restaurarla y exponerla. En 2012 la Asociación por la Recuperación del Patrimonio de Vilagarcía ya solicitó al actual presidente de la Xunta de Galicia el traslado de la Sariña al Museo del Ferrocarril de Vilagarcía de Arousa, pero de momento no cambió nada, a pesar de la apariencia de acuerdo en el Parlamento aquí sigue, aherrumbrándose.

Hunslat Engine Company

La Sariña nació en Leeds en 1880. Fue fabricada por la compañía Hunslet para el ferrocarril portugués de la Beira Alta y en concreto para las obras del tramo entre Pampilhosa y Figueira da Foz. Era una pequeña locomotora de rodaje 030 con tanque en albarda, un timbre de 8 kg/cm2 y unas ruedas motoras de algo menos de un metro de diámetro. Su potencia era de 211 CV y su esfuerzo de tracción de 2409 kg.

SAR

En 1886, bien fuera por la finalización de las obras o por alguna otra razón, el gerente de la compañía portuguesa ofreció la locomotora a John Trulock, promotor de la West Galicia Railway (denominación que adquirió en 1895 la Compañía del ferrocarril de Santiago a Carril) con el que mantenía una buena amistad. Toda la información sobre este punto es algo confusa y no se sabe a ciencia cierta si la propiedad correspondía a la compañía o al propio Trulock. Lo que parece más seguro es que fue un regalo como agradecimiento por la ayuda prestada por éste al ferrocarril portugués. Sí está claro que recibió el nombre de Sar al ser éste el río junto al cual discurre buena parte del recorrido de la línea en la que trabajó y también que Trulock la utilizaba en sus visitas por la línea; de hecho, se la conocía como "la máquina do xerente". En este punto resulta sintomático que, en los documentos oficiales de la Compañía, la locomotora no aparece y tampoco consta que recibiera numeración. Por otra parte, cuando la West Galicia se integró en la MZOV en 1927 tampoco consta en los documentos oficiales. Y, cuando a su vez, ésta se integra en la Compañía del Oeste, tampoco aparece Sariña en ningún documento. Lo que, en cualquier caso, si parece cierto es que desde la muerte de Trulock en 1919, la locomotora estuvo asignada al servicio de maniobras en el puerto de Carril y que posiblemente fuera vendida de forma directa al Oeste -que le dio el número 191- en 1931.

SAR - 191

En este puerto de Carril, Sariña desarrolló múltiples tareas tanto en maniobras, como ya queda dicho, y también como máquina herramienta de los talleres. Raramente salía a la línea salvo por incidencias. La más común ocurría cuando el tren que hacía el recorrido Vilagarcía-Santiago, conducido normalmente por un mítico maquinista llamado Varela, no podía coronar una rampa cerca de Vilagarcía al estar los raíles mojados. Tras los tres toques convenidos de silbato Sariña salía a empujar por cola para que el tren pudiera coronar la rampa. Esta situación daba lugar a múltiples chascarrillos y anécdotas y, sobre todo, a que Sariña estuviera perfectamente integrada en aquella sociedad.

Estación de Carril

Pero, aun así, la locomotora estaba en 1935 condenada al desguace junto con otras 23 máquinas, pero el comienzo de las revueltas previas al inicio de la Guerra Civil hizo que se suspendiera la subasta que estaba prevista para el 15 de julio de 1936. Es de suponer que la locomotora sobrevivió a la guerra en Carril y después fue reparada e integrada en RENFE debido a la gran escasez de locomotoras.

030-0201

Ya con su matrícula definitiva de 030-0201 trabajó en los talleres de Vigo y participó en la Exposición del Centenario de los Ferrocarriles Españoles en Barcelona junto con la también famosa 01 Andaluces. Después, en 1968, se trasladó a la antigua sede del Museo del Ferrocarril de Madrid.

No museo do ferrocaril

En Delicias permaneció hasta en que, en 1990, fue cedida por la Fundación de los Ferrocarriles Españoles (FFE) a la Casa Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia. Era un gran deseo de este escritor, nieto de Trulock y miembro del Consejo de la FFE. Hoy sigue aquí en estado de abandono.

A Sariña tapada

Fuentes:  Treneando  Trenes y tiempo

 

Galego        Castellano        English


Sariña Sariña is the locomotive that stars in the first trip of the Cornes, en Conxo in Conxo (today the Santiago de Compostela town hall) to Carril (today the Vilagarcía de Arousa town hall), with which Galicia enters railway history.

Today we do not know how the small SAR is, hidden from view by a blue canvas, it will probably be quite deteriorated because already in 2007 the Camilo José Celda Foundation House claimed 31,900 euros to make essential repairs and a year later requests that it be declared Asset of Cultural Interest, to guarantee its conservation with public funds. In 1990 it was transferred in deposit to the Camilo José Celda Foundation House that was not able to conserve it as it should, so the option is to recover it to keep it away from neglect and abandonment, restore and expose it. In 2012 the Association for the Recovery of the Heritage of Vilagarcía already requested the current president of the Xunta de Galicia the transfer of the Sariña to the Vilagarcía de Arousa Railway Museum, but for the moment nothing changed, despite the appearance of agreement in Parliament here continues, rusting away.

Hunslat Engine Company

La Sariña was born in Leeds in 1880. It was manufactured by the Hunslet Company for the Portuguese Beira Alta railway and specifically for the works on the section between Pampilhosa and Figueira da Foz. It was a small 030-taxiing locomotive with a tank packet, an 8 kg / cm2 bell and driving wheels a little less than a meter in diameter. Its power was 211 hp and its tractive effort 2409 kg.

SAR

In 1886, either due to the completion of the works or for some other reason, the manager of the Portuguese company offered the locomotive to John Trulock, promoter of the West Galicia Railway (a name acquired in 1895 by the Santiago a Carril Railway Company ) with whom he maintained a good friendship. All the information on this point is somewhat confusing and it is not known for sure if the property belonged to the company or to Trulock himself. What seems more certain is that it was a gift in gratitude for the help given by him to the Portuguese railway. It is clear that it received the name Sar as this is the river along which a good part of the route of the line in which it worked runs and also that Trulock used it in his visits along the line; in fact, it was known as "the machine do xerente". At this point, it is symptomatic that, in the official documents of the Company, the locomotive does not appear and there is no evidence that it was numbered. On the other hand, when West Galicia joined the MZOV in 1927, it does not appear in official documents either. In addition, when, in turn, it is integrated into the Compañía del Oeste, Sariña does not appear in any document either. What, in any case, if it seems certain is that since Trulock's death in 1919, the locomotive was assigned to the shunting service in the port of Carril and that it was possibly sold directly to the West - which gave it the number 191 - in 1931.

SAR - 191

In this port of Carril, Sariña developed multiple tasks both in manoeuvres, as already mentioned, and as a machine tool for the workshops. He rarely went on the line except for incidents. The most common occurred when the train that made the Vilagarcía-Santiago route, normally driven by a mythical engineer named Varela, could not crown a ramp near Vilagarcía as the rails were wet. After the three agreed blows of the whistle, Sariña went out to push the tail so that the train could crown the ramp. This situation gave rise to multiple jokes and anecdotes and, above all, to Sariña being perfectly integrated into that society.

Estación de Carril

Even so, the locomotive was condemned to scrapping in 1935 along with 23 other machines, but the beginning of the riots prior to the start of the Civil War caused the auction that was scheduled for July 15, 1936 to be suspended. Suppose the locomotive survived the war in Carril and was later repaired and integrated into RENFE due to the great shortage of locomotives.

030-0201

Already with his definitive registration of 030-0201, he worked in the Vigo workshops and participated in the Centennial Exhibition of the Spanish Railways in Barcelona together with the famous 01 Andaluces. Later, in 1968, it moved to the former headquarters of the Madrid Railway Museum.

No museo do ferrocaril

It remained in Delicias until, in 1990, it was ceded by the Fundación de los Ferrocarriles Españoles (FFE) to the Casa Fundación Camilo José Cela in Iria Flavia. It was a great wish of this writer, Trulock's grandson and member of the FFE Council. Today it is still here in a state of abandonment.

A Sariña tapada

Sources:  Treneando  Trenes y tiempo

 

O primeiro tren de Galicia

Esta serie consta de 14 cachés e está deseñada para visitar distintos puntos do percorrido que facía o primeiro tren de Galicia, saía da estación de Cornes e chegaba á estación de Carril, esta liña férrea foi inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Nesta serie colaboramos Tantotén, EAMteam, OGolpe e sasha01. Este é o resultado:

  1. Cornes, a estación de Rosalía - GC9G3AK
  2. O primeiro tren de Galicia - GC9G09K
  3. A Ponte de Ferro - GC9NCPD
  4. Estación de Casal - GC9G57C
  5. Estación de Osebe - GC9G63B
  6. Túnel do Faramello - GC9DTNH
  7. Estación da Escravitude - GC9KM1P
  8. A catástrofe ferroviaria de Pazos - GC9M2B7
  9. A Sariña. Deberiamos conservala! - GC9JTB9
  10. Estación de Padrón - GC9M6JZ
  11. A Ponte da Insua - GC9NETV
  12. Estación de Cesures (Pontecesures) - GC9M6P3
  13. Estación de Catoira - GC9K4W2
  14. EL MUSEO DEL TREN (Estación de Carril) - GC47E1V

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)