Skip to content

7. Estación da Escravitude Traditional Geocache

Hidden : 12/25/2021
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano        English (Sorry, not available)


O primeiro tren especial

Cando se puxo en marcha o primeiro camiño de ferro galego, aquel luns 15 de setembro de 1873, probablemente dos traballadores que conformaban o persoal da compañía ferroviaria propietaria dese primeiro ferrocarril, ningún deles pensaba que, á volta de moi pouco tempo, empezarían a circular por el os primeiros trens especiais ou «extraordinarios», que foi así como en realidade se chamaron os primeiros trens especiais.

Pero así foi, o que nos pode dar unha idea da excelente visión comercial que desde o principio amosaron os seus responsables, ademais do servizo que se prestaba como medio de transporte avanzado e, ó mesmo tempo, popular para esa época. Non se pode esquecer que eran uns tempos nos que as infraestruturas viarias básicas do país ou eran practicamente inexistentes ou se atopaban nun estado calamitoso, ademais de que tamén había que contar, e moito, coas adversas condicións meteorolóxicas, sobre todo durante os meses de inverno. Por todo isto, podémonos dar unha idea aproximada do que supuxo a posta en servizo deste camiño de ferro que, naqueles tempos, era un revolucionario medio de transporte.

Por iso, cando apenas pasaran dezanove días desde a súa inauguración, apareceu un anuncio na páxina tres do número 382 do xornal El Diario de Santiago, onde se publicaba que, con motivo da festividade da Virxe do Rosario da Escravitude, se poñía a disposición do público un servizo de trens extraordinarios para o domingo 5 de outubro de 1873. O primeiro tren especial grafado foi o que saíu ás sete da amencida dese domingo desde Carril, pasando pola Escravitude sobre as 8 da mañá e chegando a Cornes ás 8:53, para que logo dese a volta, tamén como tren especial entre as estacións de Cornes-A Escravitude, e logo ata Padrón, neste caso co fin de achegar os viaxeiros composteláns ó santuario da Escravitude, que aínda hoxe está situado practicamente á beira da pequecha estación desa localidade.

Tren especial á Escravitude

A nova da posta en servizo dese primeiro tren extraordinario tivo unha moi boa acollida entre os veciños de Compostela, xa que os moitos devotos da Virxe acudiron en masa para aproveitar a ocasión de poder ir ó santuario da súa devoción e, ó mesmo tempo, viaxar naquel novo medio de transporte, no tren. Contan as crónicas da época que en Santiago se venderon todos os billetes dispoñibles. Tan ben se venderon, que a estación de Cornes estaba case tan chea de xente o día sinalado, como na inauguración do camiño de ferro, feito acontecido poucos días antes.

Pero vaiamos a ese xa moi afastado 5 de outubro daquel histórico ano 1873. A pequena estación de Cornes presentaba un «aspecto impoñente», tal e como se recolle nunha crónica da época. A xente foi subindo ó convoi a medida que ía chegando á estación e, antes da súa saída, aquel tren especial xa estaba ateigado de viaxeiros.

Tren especial á Escravitude

E iso que aínda non subiran todos. Por tal motivo, ós responsables ferroviarios non lles quedou máis remedio que buscar unha rápida solución ó problema que se presentaba e, de momento, decidiron atrasar a súa saída mentres se facía a manobra de engadir un vagón máis a aquel tren extraordinario con destino ó santuario da Escravitude.

O vagón engadido ó tren especial tamén se encheu de xente e, por fin, con só media hora de atraso, puido saír de volta cara ó seu destino aquel tren catalogado pola compañía ferroviaria como «extraordinario», que foi o primeiro destas características en circular polo camiño de ferro desde a estación de Cornes.

A viaxe decorreu sen ningún contratempo digno de mención ata chegar ás inmediacións do santuario, xusto cando o tren, despois de pasar o túnel do Faramello e de baixar a costa ata a chaira do lugar da Escravitude, enfilou amodiño a entrada ás agullas daquela estación.

Ó chegar ó paso a nivel que se atopa fronte da fachada do santuario, algúns mozos empezaron a baixar do tren en marcha, sen que servisen de nada as desesperadas advertencias dos dous revisores e dos gardafreos que, mesmo, berraban ameazando a aqueles mozos temerarios. Estacionado o tren nese lugar, foi baixando amodo todo aquel xentío e logo o tren, xa baldeiro, continuou viaxe ata Padrón, onde quitaron a locomotora porque estaba previsto que, en canto tivese vía libre, marcharía illada ata Vilagarcía onde lle darían a volta na rotonda para retornar a Padrón e ser engadida de novo ós vagóns que deixara pola mañá. Máis tarde sairía cara á Escravitude a recoller os viaxeiros para retornalos a Santiago.

Nas instalacións ferroviarias da pequecha estación da Escravitude as cousas foron bastante ben durante todo o día, coa excepción de cando a xente saíu da misa cantada das doce, a iso da unha da tarde, porque naquel momento o xentío comezou a espallarase polos eidos da outra beira da vía, tendendo manteis e viandas aquí e acolá.

Moitos deles puxéronse a cruzar a vía sen ningún miramento pola zona do paso a nivel e arredores cando, precisamente, a esa hora do día estaba a punto de pasar por alí un tren ascendente camiño de Compostela. Malia ter as barreiras botadas, nin a xente grande nin os pequenos facían caso das advertencias de perigo inminente que lles estaba a facer o gardabarreiras.

Máis aínda, varios rapaces puxéronse a andar facendo equilibrios por riba dos carrís e tamén algúns maiores se paraban a falar, pachorrentos, na mesma caixa da vía. Por fin, grazas ós berros do gardabarreiras, acudiu a pa rella da Garda Civil que afortunadamente puido poñer orde naquel lugar, xusto a tempo de que o paso do ascendente non producise ningunha desgraza.

Pola tarde, a viaxe de volta foi máis animada. Como a maioría dos viaxeiros viñan contentos, e algúns mesmo peneques, durante todo o percorrido non pararon de rir, cantar e falar en alto. Pouco antes de chegar a Cornes, no intre en que o tren, despois de saír do túnel de Conxo e acometer a pequena subida de Paidacana, a causa da suave pendente e da sobrecarga que traía entre viaxeiros e vagóns, o convoi perdeu case toda a velocidade. Os mozos, aproveitando que o tren ía case paso, do mesmo xeito que fixeron á ida na entrada á estación da Escravitude, empezaron a baixar e subir do tren en marcha. Os revisores, ó presenciar impotentes aquelas temeridades, volveron berrar cos viaxeiros que facían aquilo sen que na maioría dos casos conseguisen que lles fixesen caso.

Por fin, á noitiña daquel día tan especial, o primeiro tren extraordinario rendeu viaxe facendo a entrada na estación de Cornes moi amodo, sen máis novidades dignas de mención que as sinaladas. Os viaxeiros seguían rindo e cantando mentres baixaban do convoi e saían da estación para marchar caras ás súas moradas.

A aqueles primeiros trens extraordinarios seguiron outros moitos organizados con motivo dalgún acontecemento singular, como as festas anuais do santuario da Escravitude, o traslado dos restos de Rosalía, o enterro do director da compañía ferroviaria -puxeran a disposición do público un convoi desde Cornes e o outro desde Carril-, o dos mariños franceses e outros como os trens á praia de Compostela, o día de Compostela en Vilagarcía -como o do ano 1944-, as Festas do Apóstolo, o Combate Naval de Vilagarcía... Forman unha abondosa lista de trens especiais -ou extraordinarios, que, ó longo dos anos, foron circulando por este emblemático camiño de ferro, xunto con outros máis actuais como o do 125 aniversario desta mesma liña, o dos Amigos do Ferrocarril, o Galaico Expreso, os convois propulsados por locomotoras de vapor con caldeiras de fuel que, no momento da súa circulación, puxeron unha nota de nostalxia na vizosa paisaxe pola que discorre, aínda hoxe, este noso primeiro camiño de ferro.

   Historias do Carril-Cornes de Xoán Luís Miguéns García, Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 2008

Hoxe o tren xa non para no apeadeiro da Escravitude, a estación máis próxima está no novo trazado do Eixe Atlántico de Alta Velocidade e chámase Padrón – Barbanza.

 

Galego        Castellano        English (Sorry, not available)


El primeir tren especial

Cuando se puso en marcha el primero camino de hierro gallego, aquel lunes 15 de septiembre de 1873, probablemente de los trabajadores que conformaban el personal de la compañía ferroviaria propietaria de ese primero ferrocarril, ninguno de ellos pensaba que, a la vuelta de muy poco tiempo, empezarían a circular por él los primeros trenes especiales o «extraordinarios», que fue así como en realidad se llamaron los primeros trenes especiales.

Pero así fue, lo que nos puede dar una idea de la excelente visión comercial que desde el principio mostraron sus responsables, además del servicio que se prestaba como medio de transporte avanzado y, al mismo tiempo, popular para esa época. No se puede olvidar que eran unos tiempos en los que las infraestructuras viarias básicas del país o eran prácticamente inexistentes o se encontraban en un estado calamitoso, además de que también había que contar, y mucho, con las adversas condiciones meteorológicas, sobre todo durante los meses de invierno. Por todo esto, nos podemos dar una idea aproximada de lo que supuso la puesta en servicio de este camino de hierro que, en aquellos tiempos, era un revolucionario medio de transporte.

Por eso, cuando apenas habían pasado diecinueve días desde su inauguración, apareció un anuncio en la página tres del número 382 del periódico El Diario de Santiago, donde se publicaba que, con motivo de la festividad de la Virgen del Rosario de A Escravitude, se ponía a disposición del público un servicio de trenes extraordinarios para el domingo 5 de octubre de 1873. El primer tren especial grafiado fue el que salió a las siete del amanecer de ese domingo desde Carril, pasando por A Escravitude sobre las 8 de la mañana y llegando a Cornes a las 8:53, para que luego diese la vuelta, también como tren especial entre las estaciones de Cornes - A Escravitude, y luego hasta Padrón, en este caso con el fin de acercar a los viajeros compostelanos al santuario de A Escravitude, que aún hoy está situado prácticamente al lado de la pequeña estación de esa localidad.

Tren especial á Escravitude

La noticia de la puesta en servicio de ese primer tren extraordinario tuvo una muy buena acogida entre los vecinos de Compostela, ya que los muchos devotos de la Virgen acudieron en masa para aprovechar la ocasión de poder ir al santuario de su devoción y, al mismo tiempo, viajar en aquel nuevo medio de transporte, en el tren. Cuentan las crónicas de la época que en Santiago se vendieron todos los billetes disponibles. Tan bien se vendieron, que la estación de Cornes estaba casi tan llena de gente el día señalado, como en la inauguración del ferrocarril, hecho acontecido pocos días antes.

Pero vayamos a ese ya muy lejano 5 de octubre de aquel histórico año 1873. La pequeña estación de Cornes presentaba un «aspecto imponente», tal y como se recoge en una crónica de la época. La gente fue subiendo al convoy a medida que iba llegando a la estación y, antes de su salida, aquel tren especial ya estaba atestado de viajeros.

Tren especial á Escravitude

Y eso que aún no habían subido todos. Por tal motivo, a los responsables ferroviarios no les quedó más remedio que buscar una rápida solución al problema que se presentaba y, de momento, decidieron retrasar su salida mientras se hacía la maniobra de añadir un vagón más a aquel tren extraordinario con destino al santuario de A Escravitude.

El vagón añadido al tren especial también se llenó de gente y, por fin, con sólo media hora de retraso, pudo salir de vuelta hacia su destino aquel tren catalogado por la compañía ferroviaria cómo «extraordinario», que fue el primero de estas características en circular por el camino de hierro desde la estación de Cornes.

El viaje discurrió sin ningún contratiempo digno de mención hasta llegar a las cercanías del santuario, justo cuando el tren, después de pasar el túnel del Faramello y de bajar la cuesta hasta la llanura del lugar de A Escravitude, enfiló despacito la entrada a las agujas de aquella estación.

Al llegar al paso a nivel que se encuentra frente de la fachada del santuario, algunos mozos empezaron a bajar del tren en marcha, sin que sirvieran de nada las desesperadas advertencias de los dos revisores y de los guardafrenos que, incluso, chillaban amenazando a aquellos jóvenes temerarios. Estacionado el tren en ese lugar, fue bajando despacio toda aquella muchedumbre y luego el tren, ya vacío, continuó viaje hasta Padrón, donde quitaron a locomotora porque estaba previsto que, en cuanto tuviera vía libre, marcharía aislada hasta Vilagarcía donde le darían la vuelta en la rotonda para retornar a Padrón y ser añadida de nuevo a los vagones que había dejado por la mañana. Más tarde saldría hacia A Escravitude a recoger a los viajeros para retornarlos la Santiago.

En las instalaciones ferroviarias de la pequeña estación de A Escravitude las cosas fueron bastante bien durante todo el día, con la excepción de cuando la gente salió de la misa cantada de las doce, a eso de la una de la tarde, porque en aquel momento la muchedumbre comenzó separarse por los campos de la otra orilla de la vía, tendiendo manteles y viandas aquí y allá.

Muchos de ellos se pusieron a cruzar la vía sin ningún miramiento por la zona del paso a nivel y alrededores cuando, justo, a esa hora del día estaba a punto de pasar por allí un tren ascendente camino de Compostela. A pesar de tener las barreras echadas, ni la gente grande ni los pequeños hacían caso de las advertencias del peligro inminente que les estaba haciendo el guardabarrera.

Más aún, varios chavales se pusieron a andar haciendo equilibrios por encima de los carriles y también algunos mayores se paraban a hablar, con calma, en la misma caja de la vía. Por fin, gracias a los gritos del guardabarrera, acudió a pareja de la Guardia Civil que afortunadamente pudo poner orden en aquel lugar, justo a tiempo de que el paso del tren ascendente no produjera ninguna desgracia.

Por la tarde, el viaje de vuelta fue más animado. Como la mayoría de los viajeros venían contentos, y algunos mismo peneques, durante todo el recorrido no pararon de reír, cantar y hablar en alto. Poco antes de llegar a Cornes, en el momento en que el tren, después de salir del túnel de Conxo y atacar la pequeña subida de Paidacana, la causa de la suave pendiente y de la sobrecarga que traía entre viajeros y vagones, el convoy perdió casi toda la velocidad. Los mozos, aprovechando que el tren iba casi al paso, al igual que hicieron a la ida en la entrada a la estación de A Escravitude, empezaron a bajar y subir del tren en marcha. Los revisores, al presenciar impotentes aquellas temeridades, volvieron a gritar a los viajeros que hacían aquello sin que en la mayoría de los casos consiguieran que les hicieran caso.

Por fin, al anochecer de aquel día tan especial, el primer tren extraordinario rindió viaje haciendo la entrada en la estación de Cornes muy despacio, sin más novedades dignas de mención que las señaladas. Los viajeros seguían riendo y cantando mientras bajaban del convoy y salían de la estación para marchar a sus moradas.

A aquellos primeros trenes extraordinarios siguieron otros muchos organizados con motivo de algún acontecimiento singular, como las fiestas anuales del santuario de A Escravitude, el traslado de los restos de Rosalía, el entierro del director de la compañía ferroviaria -habían puesto la disposición del público un convoy desde Cornes y lo otro desde Carril-, el de los marinos franceses y otros como los trenes a la playa de Compostela, el día de Compostela en Vilagarcía -como lo del año 1944-, las Fiestas del Apóstol, el Combate Naval de Vilagarcía... Forman una abundante lista de trenes especiales -o extraordinarios, que, al largo de los años, fueron circulando por este emblemático camino de hierro, junto con otros más actuales cómo el del 125 aniversario de esta misma línea, el de los Amigos del Ferrocarril, el Galaico Expreso, los convoyes propulsados por locomotoras de vapor con calderas de fuel que, en el momento de su circulación, pusieron una nota de nostalgia en el agradable paisaje por el que discurre, aun hoy, este nuestro primer camino de hierro.

   Historias do Carril-Cornes de Xoán Luís Miguéns García, Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 2008

Hoy ya no para el tren en el apeadero de A Escravitude, la estación más próxima está en el nuevo trazado del Eje Atlántico de Alta Velocidad y se llama Padrón – Barbanza.

 

O primeiro tren de Galicia

Esta serie consta de 14 cachés e está deseñada para visitar distintos puntos do percorrido que facía o primeiro tren de Galicia, saía da estación de Cornes e chegaba á estación de Carril, esta liña férrea foi inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Nesta serie colaboramos Tantotén, EAMteam, OGolpe e sasha01. Este é o resultado:

  1. Cornes, a estación de Rosalía - GC9G3AK
  2. O primeiro tren de Galicia - GC9G09K
  3. A Ponte de Ferro - GC9NCPD
  4. Estación de Casal - GC9G57C
  5. Estación de Osebe - GC9G63B
  6. Túnel do Faramello - GC9DTNH
  7. Estación da Escravitude - GC9KM1P
  8. A catástrofe ferroviaria de Pazos - GC9M2B7
  9. A Sariña. Deberiamos conservala! - GC9JTB9
  10. Estación de Padrón - GC9M6JZ
  11. A Ponte da Insua - GC9NETV
  12. Estación de Cesures (Pontecesures) - GC9M6P3
  13. Estación de Catoira - GC9K4W2
  14. EL MUSEO DEL TREN (Estación de Carril) - GC47E1V

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)