No ano 1889 xa se falaba sobre a necesidade de consutrir a "Ponte da Pasaxe de Perillo" sobre a Ría do Burgo, pra non ter que dar un rodeo por O Temple e O Burgo á hora de acceder á Coruña dende Oleiros e facilitar así a entrada e saída de mercadorías e o acceso a cidade en xeral.
A primeira ponte foi inaugurada en 1901, cun custo de pouco mais de 500.000 pesetas da época. A infraestructura púxose a proba co paso de tres carros cargados con dez toneladas de mármore cada un, o que permitiu probar a sua resistencia.
A finais dos 60 comezaron as expropiacións para as obras de construcción da nova ponte, que contaron cun orzamento de 110 millóns das antigas pesetas. Os traballos comezaron pola marxe coruñesa e foron lentos a causa de dificultades cos cimentos dos piares centrais; de feito, houbo que derruír un deles cando xa estaba case rematado. A metade da ponte entrou en servizo en 1975, e a outra metade no ano seguinte.
Daquela a cidade coruñesa contaba con 173.000 cidadáns e o normal era ter un automóbil por núcleo familiar. Dende entonces duplicouse tanto a poboación como o censo de turismos, cuxa cifra supera xa os 100.000 coches. De calquera xeito, a presenza de vehículos na cidade é ainda maior, xa que se calcula que cada día entran por Alfonso Molina un total de 120.000. Iste incremento dos números e os problemas de atascos que leva consigo puxo enriba da mesa diferentes proxectos de ampliación ao longo dos últimos anos, aínda sen unha resolución precisa.
Case tódolos datos son sacados da "Voz de Galicia", non apostaría a vida pola súa veracidade. Se alguén quere aportar información, será ben recibida.