Skip to content

10 Ruta da Auga de Riamontes, O Pozo (2º) Mystery Cache

Hidden : 7/19/2022
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
2.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Ruta de Riamonte

 

Crúzase o arroio por unha pequena ponte que se deixa 4 esquerda. O camiño segue por un tramo de bosque de ribeira, entre freixo2 e amieiro5, que descobren o resto dos muíños: o Novo, o de Xustiz4, o de Pedra, ata chegar ao muíño de Arriba de todo. Dez muíños en 500 metros, entre pozos e p6quenas fervenzas, que manteñen o seu misterio de tradicións e historias.

TRACK DA RUTA EN WIKILOCK

 

A CERIMONIA DE UTILIZAR O POZO DE RIAMONTES

 

Case sempre acompañaban ao titular dos dereitos do destapador os posuidores dos outros muíños. Antes de proceder á apertura da billa, había que esperar a entrada da auga do pozo de Cortegada no rabo do de Riamontes. Se por un descoido o pozo de Cortegada preñaba o de Riamontes descargando nel todo o seu contido antes de regular o caudal deste último, xa non era posible achegar unha boa cota de muiñada. O segredo debía estar en que mentres presionaba o de Cortegada, no de Riamontes non baixaba de nivel a auga estancada.

A apertura da billa, que era unha media lúa feita nunha lousa vertical de pedra asentada noutra horizontal, era sempre labor de dous guixadores, un enriba da presa e outro no regato fronte a billa, que con dous varais de pau guixában lle os terróns que tapaban o burato, ata desfacelos e deixar a billa limpa. Inmediatamente, con estes dous varais de pau e outro que tiñan a man de reposto, atreviábase a saída da auga ata regular o caudal que, a ollo, se estimaba axeitado.

Texto: Os Muíños de Riamontes, Maximino Viaño.

 

PREGUNTA:

Para abrir e utilizar o pozo de Riamontes habia que esperar a entrada da auga do pozo de ..................  ???

 


Puedes validar la solución a tu puzzle con certitude.

MOI IMPORTANTE


Nos primeiros caches (en orde de subida,2, 3, 4, 28, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 e 13) atoparás as coordenadas do mistery do nº 27 e vai apuntando cada número que atopes.

As coordenadas publicadas non son as finais, para pescudar as finais resolve os mistery.
Hai misterys de varios formatos, algúns conteñen preguntas que a solución está no resto de caches dá serie.
O grao de dificultade e de terreo unifícase en todos mantendo unha media aproximada de 2.5 en ambos.

Disfruta, xoga e pasao ben, respeta o entorno e non divulges información relativa as coordenadas finais, e si podes PRACTICA CITO.

 

 

Additional Hints (No hints available.)